try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Preguntas frecuentes: FORMULARIO DE ALTA E RENOVACIÓN DE SOCIXS

Onde podo atopar o formulario de alta e renovación de socixs?

Podes atopalo e descargalo apartado Formularios desta web. Tamén deixaremos copias dispoñibles na Conserxería da escola durante a primeira semana de setembro. A data límite de inscrición será no primeiro venres de setembro.

 

Que preciso para darme de alta ou renovar a miña afiliación?

Terás que entregarnos o formulario de alta/renovación debidamente cuberto e asinado xunto co xustificante de pagamento da cota anual de socix, de 20€ por unidade familiar (no formulario atoparás o número de conta na que debes facer o ingreso, NON ESQUEZAS POÑER COMO CONCEPTO O NOME E CURSO DA(S) TÚA(S) CRIANZA(S) para que poidamos identificalo).

 

Como pago a cota de socix da ANPA? 

Podes pagar a cota anual de socix, de 20€ por unidade familiar, mediante transferencia bancaria ou ingreso en efectivo na conta da ANPA, que se indica no formulario. Non esquezas indicar como concepto nome e curso da(s) túa(s) crianza(s) e pedir o teu xustificante de pagamento para que poidamos identificar o teu ingreso.

 

Cal é a data límite de inscrición?

Podes achegar a túa inscrición ata o PRIMEIRO VENRES DE SETEMBRO (06/09/2024), xa que ademais de xestionar as altas de socixs, debemos baremar as inscricións no comedor e en extraescolares (e, para iso, debemos saber que familias son socias para darlles prioridade).

 

É obrigatorio autorizar que me inclúan no grupo de Whatsapp da ANPA?

Non, o consentimento é voluntario, pero recomendamos que autorices para axilizar a comunicación connosco e estar enteradx de todo.

Lembrámosche que para entrar nos grupos de comedor e extraescolares tamén terás que dar o teu consentimento cubrindo as autorizacións que figuran na segunda páxina dos formularios de comedor e extraescolares.

 

Como entrego os formularios?

- Podes cubrilo en liña, ou ben imprimilo e dixitalizalo (foto, pdf) e envialo por correo electrónico a: anpa.cep.brea.segade@edu.xunta.gal

- Podes imprimilo e depositalo na caixa de correo da ANPA á túa disposición na entrada da escola.