try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Responder ó comentario

Concentración no CEP BREA SEGADE o luns 9 de setembro ás 20:00h

A ANPA volve convocar CONCENTRACIÓN no CEP BREA SEGADE para o PRÓXIMO LUNS, DÍA 9 DE SETEMBRO, ás 20:00h, co fin demandar xs mestrxs que o alumnado do centro necesita e informar ás familias das novas actuacións que dende a ANPA propoñemos para o inicio do curso, e que pasarán por NON ENVIAR AXS NOSXS FILLXS Á ESCOLA, PORQUE SEN MESTRX NON PODE HABER CLASE.

Lembramos que, a 6 de setembro, seguimos sen ter resposta por parte da CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, que en xullo nos DENEGOU o desdobramento da aula de terceiro de primaria e o incremento de AL, a pesares de:

- SUPERARSE O RATEO MÁXIMO DE 25 ALUMNXS POR AULA que se determina no artigo 11 do RD 132/2010, do 12 de febreiro (e ignorando ademais os cómputos establecidos por ela mesma na Resolución do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos),

- CONCENTRAR NESA MESMA UNIDADE UN 40% DE ALUMNADO NEE/NEAE que, xunto co resto de alumnado coas mesmas necesidades (21 en total no centro, segundo os datos actualizados de Dirección), NON ESTÁ RECIBINDO ATENCIÓN SUFICIENTE POR CONTAR CUNHA ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE COMPARTIDA co CEIP Ana María Diéguez de Asados e á que lle corresponden tan só DOUS DÍAS Á SEMANA no CEP Xosé María Brea Segade. Como consecuencia, en ningún dos dous centros se pode atender de xeito suficiente ás crianzas con necesidades educativas especiais.

ATENDENDO Á NORMATIVA VIXENTE (RD 132/2010 e a Orde do 8 de setembro de 2021, polo que se desenvolve o RD 229/2011, do 7 de decembro), A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DEBE DOTAR AOS CENTROS DO PERSOAL ESPECIALISTA QUE PRECISEN PARA ATENDER AS NECESIDADES EDUCATIVAS DE TODO O ALUMNADO QUE ESCOLARIZAN.

 

Seguiremos berrando ata que nos escoiten!!!

Responder