try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Responder ó comentario

Asemblea Extraordinaria

Estimadas familias,

Por mor do cumprimento da normativa aplicable (RD 132/2013 e Instrución 2/2024, de comedores escolares, e RD 1533/1986, polo que se regulan as ANPA), no vindeiro curso a ANPA deberá ofrecer o servizo de comedor e actividades extraescolares a todo o alumnado do centro escolar. Este cambio suporá a modificación dos formularios de inscrición (tamén afectados pola implantación da normativa de protección de datos persoais) e a baremación dos mesmos de xeito que, de superar as solicitudes o límite de prazas ofertadas, poidamos garantir o acceso baixo criterios obxectivos, priorizando as solicitudes de socios/as. Estes baremos deberán aprobarse, xunto co protocolo de funcionamento do comedor escolar, en Asemblea Extraordinaria e no Consello Escolar do centro antes de poder aplicalos (se fose necesario).

Polo tanto, co obxecto de dar a coñecer esta información e poder poñer canto antes a documentación necesaria a disposición das familias na web escolar para o vindeiro curso, a Xunta Directiva convoca Asemblea Extraordinaria da ANPA en base ao artigo n° 21  dos Estatutos da Asociación, a celebrar o luns, día 15 de xullo, ás 19:30 horas no C.E.P. Brea Segade, e en segunda convocatoria ás 20:00 horas no mesmo lugar, coa seguinte orde do día:

 

  1. Lectura e aprobación do protocolo de funcionamento do comedor escolar e dos baremos para a valoración das solicitudes de comedor e actividades extraescolares.

 

Sabemos que é difícil para todos/as asistir ás reunións e somos conscientes do complicados e molestos que resultan ás veces estes trámites. Non obstante, vémonos na obriga de cumprir coas leis vixentes e por iso, dende a actual directiva, agradecemos especialmente a vosa asistencia e colaboración.

 

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva

ANPA CEP Xosé María Brea Segade

Responder