A Biblioteca de Don Mexillón

DÍA DA EDUCACIÓN

(Pincha sobre a imaxe para ver o video)

DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz facendo un taller de colares, murais e xuntándonos para cantar e bailar a canción "De ellos aprendí" de David Rees.

  

 

(pincha nas últimas imaxes para ver o vídeo)

 

APADRIÑA UN LIBRO

Mercadillo solidario para expurgar os libros dados de baixa na biblioteca pero que ainda se poden ler e disfrutar na casa.

  

APADRIÑAMENTO LECTOR

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria leerán cada 15 días un libro aos máis cativos do centro, fomentando así a lectura dende pequenos.

Poden ver as imaxes visitando o seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxuliocamba/galeria/thumbnails.php?album=65

PREMIOS AOS MELLORES CONTOS DE MEDO

Xa sabedes o que nos gusta propoñer actividades e que o alumnado participe nelas. Neste caso falamos de contos de medo.

Os alumnos e alumnas que escribiron os mellores contos  recibiron un agasallo que esperamos que lles gustase.

No seguinte enlace podedes ver aos premiados.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxuliocamba/galeria/thumbnails.php?album=64

"Orellas de Bolboreta"

Esta semana, o noso alumnado de infantil escoitou o conto "Orellas de Bolboreta" que trata a autoestima e como facer frente ás críticas das persoas dunha forma intelixente e con sentido do humor. Ter orellas grandes ou o pelo rebelde non son motivos de insultos e a protagonista do conto explica dunha forma metafórica como defenderse desos comentarios.

    

PROXECTO: O CINE

¡¡Damos por inaugurado o cine do Xulio Camba!!

 

Estamos seguros que os nenos e nenas están desexando volver a vivir esta experiencia diferente no colexio. Cáles serán as seguintes películas?

Próximamente as colgaremos na nosa carteleira.

   

   

Para ver máis imaxes, pinchade no seguinte enlace:

UN CURSO DE CINE

 

Benvidos a un novo e peliculeiro curso escolar!!

Damos a benvida a todas as familias que forman a familia do Xulio Camba.

Empezamos con ilusión este novo curso adicado ao cine. Contamos con vòs!

                                                         

APADRIÑAMENTO LECTOR

O pasado día 8 de xuño un grupo de alumnado de 2º da ESO  do IES A BASELLA acudiu ao noso centro para realizar un apadriamento lector ao nosos cativos e cativas de 1º e 2º.

A actividade tivo un éxito rotundo e tanto padriños e madriñas como apadriñad@s e amadriñad@s se sentiron moi satisfeit@s.

Cando rematamos a actividade realizamos un intercambio de agasallos e tod@s saìron do cole cun sorriso na súa cara.

Repetiremos!