A Biblioteca de Don Mexillón
NOVO CURSO E NOVO PROXECTO
Onte demos comezo ao curso escolar 2023/2024 no que traballaremos como proxecto de centro os Xogos Olímpicos. Ademais, o alumnado pasouno xenial saltando nos inchables! Non hai mellor comezo que unha boa festa. Podedes ver unha mostra na seguinte imaxe:
PROXECTO FINAL
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓN DE LIBROS by Teacher Ángeles
APADRIÑAMENTO LECTOR
O alumnado de 2º da ESO do IES a Basella visitou o noso colexio para lerlle uns contiños aos nosos nenos e nenas. Resultou ser unha actividade moi entretida e seguro que a repetiremos pronto!!
LETRAS GALEGAS
Coincidindo coa semana das Letras Galegas o Xulio Camba publica o seu libro titulado "Unha aventura de cine". Dende os máis cativos ata os maiores, todos e todas participaron neste conto que amosa as aventuras de Don Mexillón.
Esperamos que disfrutedes tanto coma nós durante a produción do mesmo!!
DÍA DO LIBRO
O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Esta data foi elexida pola Unesco por coincidir co falecemento de dous grandes autores da historia da literatura como son Cervantes e Shakespeare.
Velaquí unha frase inspiradora dun gran escritor:
- “Si piensas llegar a alguna parte en la vida, tienes que leer muchos libros.” Roald Dahl
- Para celebrar no colexio este día realizamos varias actividades, tales como:
- -Recopilación de fotos do noso alumnado lendo e creación dun libro xigante.
- - Apadriñamento dos mais cativos do cole de Ed. Infantil ao alumnado de Ed. Primaria (Todo un éxito).
- -Vídeo do noso alumnado falando dos seus libros favoritos.
- - Creación dun libro cunha rosa vermella en Arts.
- - Lecturas no patio. (Pincha na foto para ver o álbum).
Pincha na foto para ver o álbum
INTERNATIONAL WOMEN DAY
( Pincha na foto para ver o álbum).
(Pincha na foto para ver o álbum)
O Día Internacional da Muller realizamos no colexio múltiples actividades, facendo especial fincapé no respeto mutuo, a cooperación e a igualdade.
- Realizamos talleres en Arts.
- Creamos un volvoreta onde decimos "Somos libres".
- Deseñamos unha actividade con códigos QR onde debían investigar e contestar a diversas preguntas sobre distintas mulleres relacionadas co cine.
- Invitamos a diversas mulleres, a maioría mamás do cole, que nos contaron moitas anécdotas sobre o seu traballo.
- Tamén nos visitou a actriz Isabel Blanco que nos chamou moito a atención polo súa forma de dominar a conversa, o seu saber estar e os consellos que nos dou para lograr facer realidade os nosos soños.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »