A Biblioteca de Don Mexillón

RETOS NA BIBLIOTECA DE DON MEXILLÓN

Dende a biblioteca escolar propoñen un novo reto (como cada mes). Neste caso trata sobre mulleres olímpicas e o alumnado pode realizar esta actividade de xeito voluntario para conseguir un selo no seu carné de puntos.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende a Biblioteca de Don Mexillón facémosvos chegar unhas recomendacións lectoras organizadas por ciclos. Aínda estades a tempo de incluír algún libro na vosa carta! Facede clic na imaxe.

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Dende a Biblioteca de Don Mexillón estanse a levar a cabo os apadriñamentos lectores e soamente podemos dicir que están sendo un éxito total! Neste caso foi o alumnado de quinto curso o que acudiu ao cole norte para lerlle aos máis cativos.

NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Presentámosvos as últimas novidades que podedes atopar na Biblioteca de Don Mexillón. Como podedes ver, este curso traballamos os xogos olímpicos.

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Hoxe queríamos presentarvos aos colaboradores/as da Biblioteca de Don Mexillón. O equipo está integrado por alumnado de quinto e sexto curso. Sen eles todo sería diferente!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Xa comezaron a funcionar os apadriñamentos lectores impulsados dende a Biblioteca de Don Mexillón. O alumnado do terceiro ciclo acudirá ao colexio norte para leerlle aos máis pequenos. Toda unha experiencia!!

 

E-ELBE.2

Este ano o alumnado ten acceso a E-ELBE.2, unha plataforma de préstamo de contidos dixitais que ten como obxectivo mellorar a competencia lectora e os hábitos de lectura. No terceiro ciclo cada discente ten o seu portatil (xa que estamos inmersos en E-Dixgal) pero nos demais cursos contamos cunha Aula Móbil grazas ao Programa Educa en Dixital para que todos/as poidan gozar desta experiencia.

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Dende a Biblioteca preparáronnos diferentes actividades para celebrar o Samaín. Podedes ver tamén no adxunto un vídeo dos carteis decorativos que realizou o alumnado de Ed. Primaria.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do 24 de outubro estreamos a nova imaxe de Don Mexillón, moito máis actual e atlético (acorde ao proxecto deste curso sobre os Xogos Olímpicos). Esperamos que vos guste!!

 

FORMACIÓN DE USUARIOS

Xa rematou a formación de usuarios da Biblioteca de Don Mexilón realizada durante os plans lectores. As colaboradoras e colaboradores explicaron a cada unha das clases o funcionamento deste espazo e atenderon ás dúbidas do alumnado. Fixérono estupendamente!