Skip to Content

Secretaría

FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024


https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/


♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar]. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seusfillos.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar]

  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nincoñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/03/2025.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DO ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024-2025.

O prazo para poder realizar a admisión de alumnado será do 1 ao 20 de marzo.

 

IMPORTANTE: A solicitude xunto co ANEXO II BIS deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do/da menor.

O formulario da solicitude está dispoñible e pode presentarse das seguintes maneiras:

- A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado (solicitudes > admisión). A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.

- Na sede electrónica da Xunta, mediante a CHAVE 365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentaicón escaneda. Neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.

- Na secretaría do centro, en horario de 09:00 a 14:00. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica seguidamente.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE + ANEXO II BIS:

- Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou docmento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

- Volante de inscrición padronal (empadroamento).

- Certificado de matrículo e/ou certificación do/s curso/s realizado/s anteriormente se se solicita un curso diferente a 4º de Ed. Infantil

- De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 151 885

 

Reunión

04/09/2023 18:47
Europe/Madrid

Reunión familias 4º EI (3 anos)

 

O vindeiro mércores día 6 de setembro ás 10:00, terá lugar a reunión  para as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

No documento adxunto poderán ver os libros de texto para o vindeiro curso.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021

Informamos que, TODOS os nenos e nenas que fixeron solicitude de admisión para o vindeiro curso están ADMITIDOS/AS.

Poden pasar polo centro en horario de 9.00 a 14.00 horas para recoller os impresos de matrícula, que deberán presentar debidamente cuberta xunto coa seguinte documentación: 2 fotografías, fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a e informe médico (vacinación correcta e alérxias).

CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021.

Estimadas familias, informamos de que se publicou a orde que regula o fondo solidario de libros e axudas para material escolar.

Poden presentar a solicitude vía electrónica mediante a aplicación fondolibros ou de xeito presencial, presentando o impreso debidamente cumprimentado xunto coa documentación requerida no día que se estipule.

Para obter máis información poden consultar a Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

Tamén poden descargar os impresos nos arquivos adxuntos.

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

O prazo para solicitar admisión no centro para curso 2020-2021 é dende o 1 ao 20 de Marzo. Os interesados poden solicitar o impreso no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut