Ed. Infantil

As froitas de outono!

Inmersos na estación do outono, o alumnado de 3 anos visitou a praza de abastos para mercar froitas típicas deste tempo. Despois de observalas, manipulalas e coñecer as súas características, fixemos brochetas saudables. Que ricas estaban!

Vivenciamos a vendima nas aulas de 3 anos!

En infantil, 3 anos, comezamos o proxecto deste curso: "Percorremos o Salnés con Don Mexillón" cunha actividade típica da zona: A vendima!

Vimos variedades de uvas, fixemos "viño" e ata plantamos unhas vides dende a semente. A ver se temos sorte e nacen!

TRAZOS

Continuando co proxecto dos Xogos Olímpicos o alumnado de 3 anos realizou unha composición de trazos verticais e horizontais recreando así unha pista de tenis. Que artistas!

 

CAMELIA

Aquí tedes a participación dos máis pequenos do colexio, na Exposición da Camelia deste fin de semana no pavillón de Vilanova.

 

FIN DE TRIMESTRE

O alumnado de infantil realizou as seguintes actividades para finalizar o segundo trimestre, baseadas nos proxectos desenvoltos sobre os Xogos Olímpicos, máis concretamente de París; así como outras relacionadas coa Pascua.

 

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 4 anos elaborou unhas postais de nadal para felicitar as festas ás súas familias. Despois, foron botalas ao buzón para que lles cheguen por correo.

OBRADOIROS DE COMIDA TERRORÍFICA

Ao longos dos últimos días, o alumnado estivo realizando numerosas actividades relacionadas co Samaín/Halloween. Aquí mostrámosvos uns exemplos do que fixeron os cativos do colexio.

- 3 anos: vasoiras

- 4 anos: cabazas

- 5 anos: ratos

Máscaras Africanas

ORIENTACIÓNS PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACION - 3 ANOS

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Distribuir contido