As froitas de outono!

Inmersos na estación do outono, o alumnado de 3 anos visitou a praza de abastos para mercar froitas típicas deste tempo. Despois de observalas, manipulalas e coñecer as súas características, fixemos brochetas saudables. Que ricas estaban!