Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez suspenderá as actividades lectivas de modo oficial o luns 16 de marzo de 2020, e de xeito recomendable a partir de mañá 13 de marzo de 2020, durante 14 días; non obstante, mañá o centro permanecerá aberto.
Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, comedor e servizo de madrugadores.
Ao longo destes 14 días, o centro utilizará a páxina web do centro para informar e comunicar ás familias de todas as novas que sexan do voso interese.
Ao mesmo tempo, ao longo destes días, o profesorado do centro determinará cal é a canle máis axeitada para programar actividades relacionadas cos contidos curriculares, para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
A Coruña, a 12 de marzo de 2020
A dirección