Dende o cole, ademáis de axudarvos a seguir traballando dende a casa, prentendemos acompañarvos, guiarvos, animarvos... nestes momentos tan especiais para todos.
Con este motivo, temos a idea de facer un video colaborativo bailando, cantando, intrepretando... a canción "Resistiré 2020".
Os benificios obtidos polas visualizacións deste video serán doados a Cáritas, polo que pareceunnos unha elección perfecta para o noso propósito.
¿Que temos que facer?
NOTA: É importante que non fagades só o retrouso, gravade varios anacos da canción para poder montala enteira...
Todos somos conscientes da dificil situación pola que estamos atravesando neste momento e dende o cole queremos transmitiros o noso cariño e o noso apoio!!!
Dado que o Presidente da Xunta de Galicia anunciou o peche dos centros educativos para o próximo luns, 16 de marzo, os alumnos e alumnas do centro que, no día de mañá, asistan ás clases poderán levar os libros para as súas casas á saída (14.00 horas).
Os pais/nais/titores/as (ou persoas nas que deleguen) do alumnado que NON asista mañá ás clases, poderá recoller os libros en horario de 11.30 a 12.20 horas.