O centro, un ano máis, participou no programa Plan Director impulsado pola Policía Nacional durante este curso tan atípico.
Por isto, o corpo de policía lémbranse do noso alumnado e queren agradecerlles a súa comprensión e comportamento exemplar durante esta crise sanitaria a través deste vídeo:
Por outro lado, dende STOP ACCIDENTES e a ANCAS, achégannos uns pasatempos para que de maneira lúdica podades traballar distintos aspectos de movilidade segura.
Como este ano non puidemos despedirnos coma sempre, o alumnado maior do colexio, os de 6º A e 6º B , fixeron a letra da canción ”Acuarela“ de Toquinho para todos vós.
Deixámosvos unha versión instrumental e a letra. Podedes cantala nas vosas casas!
ACUARELA. 6º A e B. CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. XUÑO 2020.
AQUÍ ESTAMOS OS SEXTOS CANTANDO E BAILANDO NA CASA
E NUNCA ESQUECEREMOS AS FESTAS, MAGOSTOS, CABAZAS.
POIS O CORONAVIRUS QUITOUNOS PODER DESPEDIRNOS
DOS NOSOS COMPAÑEIROS, DOS MESTRES E DOUTROS AMIGOS.
ESTE ANO FOI RARO, TIVEMOS QUE IRNOS EN MARZO.
NON PUIDEMOS BICARNOS, NIN DARNOS APERTAS NIN CASE FALAR.
NOVE ANOS NO MEU WENCES
NOVE ANOS MOI FELIZ!
RISAS, XOGOS E TRABALLOS
PARA CHEGAR ATA AQUÍ.
NO COLEXIO EU TEÑO MOI GRANDES AMIGOS
E ALGÚNS DELES XA NON OS VEREI.
NOVE ANOS NO MEU WENCES
NOVE ANOS MOI FELIZ!
RISAS, XOGOS E TRABALLOS
PARA CHEGAR ATA AQUÍ.
AÍNDA QUE EU ME VAIA DESTE COLEXIO
NO MEU RECORDO SEMPRE ESTARÁ
SEMPRE ESTARÁ
AQUÍ ESTAMOS OS SEXTOS CANTANDO E BAILANDO NA CASA
O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman" , para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.
Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro, sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea.
Na Cumbre de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.
A melodía que simboliza á UE procede da Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música á "Oda á Alegría" escrita por Schiller en 1785. Expresa a visión idealista da fraternidade entre os seres humanos, visión que Beethoven compartía.
En 1972, o Consello de Europa convirtiu o tema da "Oda á Alegría" de Beethoven no seu himno.
En 1985, foi adoptado polos dirixentes da UE como himno oficial da Unión Europea.
O himno tócase nas cerimonias oficiais da Unión Europea e, en xeral, en tódolos acontecimientos de carácter europeo.
ESCOITADE UNS EXEMPLOS DO ALUMANDO DE 6º!! QUE ARTISTAZOS!!! GRAZAS POR PARTICIPAR!!
Dende o ano 2013 celébrase o 2 de maio o Día Internacional contra o Acoso Escolar.
Para que poidamos vivir en harmonía e detectar se os nenos/as o sofren, parécenos interesante a consulta da páxina web de Educonvives.
Concretamente, extraemos desa páxina web a seguinte información de interese:
Liña de axuda a infancia. Teléfono: 116 111. A liña de axuda á infancia é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesten axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan.
Propoñémosvos para estes días o visionado dalgunhas peliculas e cortos que parécennos axeitados para traballar o tema:
O pasado xoves 30 de xaneiro conmemoramos no centro o Día Internacional da Paz e a non Violencia.
Foi un acto moi sinxelo pero moi emocionante para todos xa que puxemos unha "primeira peza" no noso banco para a Paz e enchemos o patio de pombas brancas que nos levan a ese banco cando temos un conflicto, precisamos axuda ou simplemente unha aperta.
Despois fixemos un mural humano formando as letras e o símbolo da paz e rematamos cantando e bailando todos xuntos a canción "We are the world".
Esperamos que agora vós disfrutedes tanto coma nós!
O xoves 30 de xaneiro celebraremos no colexio o "Día Escolar da non Violencia e da Paz".
Para isto necesitamos que ese día veñan vestidos cunha camiseta, camisa, xersei, sudadeira branca (sen debuxos nin letras). Se non a tedes lisa, poden darlle a volta e traela do revés, ou traer unha camiseta interior. A cuestión é non gastar e ir todos da cor da paz para bailar xuntos e cantar a canción "We are de world".
Aproveito a ocasión para saudalos.
Nuria Calvo, coordinadora do Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.
Enmarcada dentro das actividades para a próxima conmemoración do Día da Paz, a pasada semana recibimos a visita de María e Bebe, membros da ONG "Miradas al mundo".
Explicáronnos como é a vida para os pequenos de Guinea-Bisaú, o seu día a día, as súas tarefas, os seus xogos...
Tamén contáronnos todas as melloras que teñen feito na aldea grazas a axuda de todos, xa que durante nos últimos anos o noso cole ten organizado distintas actividades a través das cales colaboramos con esta asociación.
Foi un momento de convivencia moi interesante e divertido, xa que ademáis de coñecer aspectos da rutina diaria en África, rematamos bailando varias danzas africanas.
Moitas grazas pola visita, pola vosa labor e por achegarnos esta realidade ata a nosa escola.
"Stop Accidentes" en colaboración co Concello de A Coruña e a Fundación Mapfre celebraron o concurso "Ahora vamos andando al cole", que ten como obxectivo impulsar comportamentos seguros nos entornos escolares.
Alumnos de 22 centros escolares de Galicia participaron no certame presentando cartas e debuxos dirixidos aos seus pais ou algunha institución, os seus compañeiros..., permitindo miltiplicar a mensaxe da seguridade vial e brindar consellos tanto no seu entorno familiar, municipal e a poboación en xeral.
De entre todos os participantes no noso cetro contamos cunha finalista e unha gañadora, María e Antía de 6º de primaria, que presentaron un debuxo e unha carta e que acudiron ao Concello de A Coruña onde realizouse o acto de entrega dos premios.
Parabéns as nosas campionas e a todos os participantes nesta fermosa iniciativa!
Álbum: Curso 2019/20 -> Concurso "Ahora vamos andando al cole"