Síguenos nas redes sociais!
ORIENTACIÓN EN 5ºA
Hoxe o alumnado de 5º A tivo unha clase de Educación Física diferente, marchamos ao parque de Oza para realizar todos xuntos unha proba de orientación.
Nos primeiros momentos costoulles un pouco organizarse por equipos, distribuir as fotos, os controis de cruces e seguir o plano, pero en nada acadaron o obxectivo da actividade e pasalo bomba entre eles.
Tiveron tempo para traballar, merendar e xogar! A volta... non querían ir ao cole!!
Outro día tocaralles ao grupo B, estade preparados!!