Síguenos nas redes sociais!
CELEBRAMOS O SAMAÍN 2018
A pasada semana celebramos no cole o Samaín.
Enchemos o centro de cabazas do máis orixinais xa que seguían coa temática do proxecto de centro de este ano: O SON
Así os nenos e nenas de infantil crearon instrumentos musicais, os de 1º e 2º inspiráronse nos sons da natureza, os de 3º e 4º nos sons da casa e os de 5º e 6º nos sons da rúa.
Como podedes ver quedounos unha exposición do máis chula!!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración, participación e noraboa polos traballos tan orixinais cos que contamos este ano!!