Síguenos nas redes sociais!
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
13
| 14
| 15
all day
"Stop Accidentes" en colaboración co Concello de A Coruña e a Fundación Mapfre celebraron o concurso "Ahora vamos andando al cole", que ten como obxectivo impulsar comportamentos seguros nos entornos escolares. Alumnos de 22 centros escolares de Galicia participaron no certame presentando cartas e debuxos dirixidos aos seus pais ou algunha institución, os seus compañeiros..., permitindo miltiplicar a mensaxe da seguridade vial e brindar consellos tanto no seu entorno familiar, municipal e a poboación en xeral. De entre todos os participantes no noso cetro contamos cunha finalista e unha gañadora, María e Antía de 6º de primaria, que presentaron un debuxo e unha carta e que acudiron ao Concello de A Coruña onde realizouse o acto de entrega dos premios. Parabéns as nosas campionas e a todos os participantes nesta fermosa iniciativa! | 16
Start: 16/01/ 11:06
Enmarcada dentro das actividades para a próxima conmemoración do Día da Paz, a pasada semana recibimos a visita de María e Bebe, membros da ONG "Miradas al mundo". Explicáronnos como é a vida para os pequenos de Guinea-Bisaú, o seu día a día, as súas tarefas, os seus xogos... Tamén contáronnos todas as melloras que teñen feito na aldea grazas a axuda de todos, xa que durante nos últimos anos o noso cole ten organizado distintas actividades a través das cales colaboramos con esta asociación. Foi un momento de convivencia moi interesante e divertido, xa que ademáis de coñecer aspectos da rutina diaria en África, rematamos bailando varias danzas africanas. Moitas grazas pola visita, pola vosa labor e por achegarnos esta realidade ata a nosa escola. | 17
| 18
| 19
|