Síguenos nas redes sociais!
RECOLLIDA DE MATERIAL NA AULAS (Infantil e Primaria) E RECOLLIDA DOS LIBROS DO FONDO DE LIBROS 19-20 (3º a 6º de Primaria)
Durante este días organizaremos a recollida e entrega de material do seguinte xeito:
XUÑO | ||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
1º de Primaria Entrega de material de aula ás familias |
2º de Primaria Entrega de material de aula ás familias |
3 e 5 anos de Infantil Entrega de material de aula ás familias |
4 anos de Infantil Entrega de material de aula ás familias |
|
15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
3º de Primaria RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20 Entrega de material de aula ás familias |
4º de Primaria RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20 Entrega de material de aula ás familias |
5º de Primaria RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20 Entrega de material de aula ás familias |
6º de Primaria RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20 Entrega de material de aula ás familias |
INSTRUCIÓNS para as familias:
- Secuenciamos a recollida da seguinte maneira:
a. Cada día poñeranse 4 franxas horarias das que informará o titor/a ás familias (Abalar, tfno., email…).
10:00 a 11: 00 h | 11:00 a 12:00 h. | 12:00 a 13:00 h. | 13:00 a 14:00 h. |
b. As familias esperarán fóra do edificio, pero dentro do recinto escolar.
Entrarán pola porta principal de entrada do centro. Solo poderá entrar unha familia de cada grupo á vez. As familias nas subidas e baixadas gardarán a distancia de seguridade de 2 metros e deberán acudir con mascarilla.
- Os de infantil baixarán pola escaleira frente a administración
- Os de Primaria subirán e baixarán pola escaleira frente administración.
- O profesorado esperará na aula coa porta aberta.
Fernando encontrarase na conserxería e coordinará as subidas e baixadas das familias, de modo que cando unha familia marche, avisará a Fernando e este daralle paso á seguinte familia dese grupo que estará esperando no xardín.
c. As familias NON poderán vir cos nenos/as ao colexio e debrán traer as súas propias bolsas para levar o material, así como o seu bolígrafo para calqueira trámite a realizar.
d. As familias que teñan fillos en varios cursos poderán, nalgúns casos, recoller todo o material das aulas o mesmo día, pero iso é importante que o comuniquen as titoras/es para poder organizalo.
e. Se non vos é posible a recollida e entrega do material nos horarios ofertados, e precisades que outra familia o faga no voso nome é necesario que cubrades unha autorización para tal fin.
25 de maio 2020
O equipo directivo