Skip to Content

Día da biblioteca (de 1º a 3º de Primaria)

O día 24 de outubro pasado, foi o día adicado ás bibliotecas, dende o Equipo de Coordinación de Biblioteca queremos sumarnos a esta celebración amosando 8 bibliotecas infantiles moi interesantes.
As bibliotecas son lugares máxicos onde se gardan montóns de sonos en cada estante que poderás levar para casa e disfrutalos coa túa familia.
Agora imos coñecer unha selección moi especial:

 

My Tree House (Singapur)

Esta biblioteca infantil preciase de ser a primeira biblioteca sostible. A árbore pola que se accede a esta biblioteca está inspirado no libro de “O bosque encantado” de Enid Blyton, a famosa escritora de libros infantiles. A colección de libros que contén é de temática verde, tendo por obxectivo promover o amor e coidado do medio ambente nos nenos e nenas.

My tree house


Biblio Toyen (Oslo)

Este innovador espazo rompeu as normas de catalogación tradicional e etiqueta os libros con frases “curto, pero bó” o “sobre robots”.

Biblio Toyen (Oslo)


Niños Conarte (Monterrey, México)


O ambiente é aberto, luminoso e moi colorido. Destaca o seu toque industrial, acorde ca cidade na que se ubica. As estanterías son montañas que sirven de parque para os nenos e as nenas.

Niños Conarte (Monterrey, México)

 


Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)


Dentre as bibliotecas, ésta é unha das máis especiáis. Non é luxosa nin enorme, pero ten detrás unha filosofía de solidaridade.
Este diseño noruego provee de libros e materiáis educativos a nenos e nenas orfos/as. Diseñada cun ambente aberto e cun exterior de cañas de bambú que se integra co entorno.

Safe Haven Library Myanmar (Sur de Asia)

 


O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)


Este é o caso dunha biblioteca móvil, que non ten ningún tipo de estructura máis que dous burros: Alfa e Beto, axudan a Luis Soriano a chegar a zonas ruráis de complicado acceso. O encargado desta tarea é un maestro de Primaria.

 

O Biblioburro de Luis Soriano (Colombia)

biblioburro 2


Biblioteca de Iwaki (Japón)


A biblioteca de Iwaki é unha entidade privada aunque está aberta ó público para turistas e curiosos. Ó principio era a biblioteca para tres escolas, pero agora se concibe coma un museo dos libros ilustrados.

 Biblioteca de Iwaki (Japón)


Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)

Aquí temos outro caso de bibliotecas móviles. Este bibliobús está aparcado no patio da escola comunitaria de Highfield e funciona coma un espazo mais da escola.

Bibliobus da Escola Highfield (Reino Unido)


Biblioteca Moisés Gómez del CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez ( A Coruña)

É a biblioteca do noso centro, nela vive Fantasmón, a mascota. Ten un tren cheo de libros de animais, prantas, nenos, nenas...e témola moi cerquiña. Leva o nome dun mestre que estivo no noso colexio fai anos e axudou a creala: Moisés Gómez.

 Biblioteca Moisés Gómez del CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez ( A Coruña)

Fantasmón, a mascota da Biblio do Wences

 

Descarga toda esta información nun pdf: Descargar.

 

AdxuntoTamaño
Día da Biblioteca - 1 a 3 Primaria.pdf1.19 MB


page | by Dr. Radut