Síguenos nas redes sociais!
Preparando o Magosto
Benqueridas familias!!!
Temos o pracer de darvos unha boa nova:
VOLVE O MAGOSTO!!!
O venres 11 de novembro asaremos castañas no colexio e comerémolas no patio. Tamén faremos un baile e xogaremos a xogos populares.
Solicitamos de novo a vosa colaboración para:
- Traer unha morea de castañas PICADAS durante os días 9, 10 ou 11.
- Durante eses mesmos días teñen que traer tamén un castañeiro feito na casa co nome e curso posto para gardar as castañas e as cascas. Dámosvos a continuación unha idea de como facelo: Necesitades un brick de leite baleiro e limpo, cortado pola metade tal e como se indica no debuxo. (Podedes facelo sen cortalo nun lateral para poder dobralo). Non esquezades o cordón para poder colgalo do pescozo e ter as mans libres para poder comer moitas castañas!! Forrádeo e decorádeo como vos guste!!
MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez.