Síguenos nas redes sociais!
Pasarrúas de Entroido
ATENCIÓN!!! VOLVE O PASARRÚAS!!! VIAXAMOS POR EUROPA NO “WENCESRAIL!!!
ÁS 11:30 SAIREMOS DO COLEXIO POLA PORTA DE PRIMARIA EN ORDE DENDE OS GRUPOS DE 3 ANOS ATA 6º. ÁS 13:20 VOLTAREMOS.
PERCORRIDO:
Rúa General San Martín, avda. Ferrocarril, Marqués de Figueroa, Ángel Senra case ata o final, volta e imos por Capitán Juan Varela, praza da estación na parte baixa. Alí actuaremos entreas 12:30 e as 13:00 aproximadamente.
NORMAS:
- Tanto na saída como na chegada ao colexio no n está permitida a entrada de pais ao recinto escolar. Excepto aqueles que, por algún motivo xustificado, deban acompañar aos seus fillos/as.
- A recollida do alumnado se fará coma sempre, ás 14:00.
- Os pais ou familiares que vaian acompañando ao desfile, deberán respectar as indicacións que o profesorado dea nese momento ou teña dadas días antes.
- Rogamos non se paren a falar cos nenos/as para non interromper a marcha.
- Non se poden difundir as imaxes.
AVISOS:
Ese día poden traer sobremesas típicas do Entroido para compartir cos compañeiros/as.
Merendarán antes do habitual para poder dar comezo ao pasarrúas ás 11:30.
GRAZAS E... VIVA O ENTROIDO!!!
CHUCUCHÚ, CHUCUCHÚ... SUBE AO TREN DO WENCES...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ENTROIDO 2023_COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS.pdf | 40.04 KB |