Síguenos nas redes sociais!
Información básica da biblioteca
INFORMACIÓN BÁSICA BIBLIOTECA “Moisés Gómez”
Nome: Moisés Gómez en honra ao profesor encargado da biblioteca deste centro desde o ano 1986 ata o seu pasamento no ano 2004.
Mascota: Fantasmón, deseñado no ano 2019 por Martín Blanco, un exalumno do centro e elaborado a man por Cloti, mestra xubilada no curso 2021/22.
Uso da estancia da biblioteca:
Mañás: De 9 h a 14 h de luns a venres.
Tardes: De 16 h a 18 h de martes a venres.
Polas mañás, os titores/as de Infantil e Primaria, disporán dunha sesión semanal conforme ó cuadrante incluído na PXA. Nesta sesión faranse os préstamos ao alumnado.
Polas tardes haberá préstamos para nais, pais, titores/as legais e persoal docente e non docente.
Na biblioteca e administración estarán a disposición das nais, pais e titores/as legais as solicitudes do carné de lector/a necesario para levar material en préstamo.
Utilizarase a biblioteca para apoiar ao alumnado que asista ao servizo de comedor e sexa recollido na biblioteca a partir das 16 h ou a continuación a este servicio, participe nas actividades escolares programadas pola ANPA.
Levarase o control cubrindo as follas correspondentes no libro de rexistro de entrada e saída do alumnado que estará na mesa de xestión de biblioteca.
Préstamo:
- Os usuarios/as poden dispor dun libro en préstamo durante 15 días, prorrogables 7 máis.
- O material multimedia pode levarse durante 4 días, non prorrogables e as revistas durante 7 días non prorrogables.
Biblioteca de Aula:
O profesorado pode levar en préstamo 30 libros para a Biblioteca da sua aula, durante 3 meses aparte dos libros da lectura colectiva.
Normas na Biblioteca:
- Entramos e saímos en orde e amodiño.
- Gardamos silencio ou falamos moi baixiño.
- Somos amables e respectuosos/as con todos/as.
- Tratamos os libros e todo o material con coidado.
- Levantámonos só cando sexa necesario e andamos con xeito.
- Non debemos comer na biblioteca.
- Deixamos cada cousa no seu lugar.