Síguenos nas redes sociais!
Taller e concerto didáctico
Taller de Xoán Carlos Rilo e Concerto didáctico do Grupo de música tradicional da AGADIC
O ALUMNADO DE 6º RECIBIU A IMPARTICIÓN DUN TALLER DE GAITA E UN CONCERTO DIDÁCTICO.
O mércores 7 de decembro de 2022 veu Xoán Carlo Rilo, gaiteiro, a darnos un taller sobre a gaita na aula de música.
Explicounos a orixe da gaita, os tipos e gaitas de varios países do mundo. Amosounos varias e as tocou. Nós tocamos “A Virxe de Guadalupe” coa frauta con el.
O xoves 15 de decembro veu el co seu grupo a darnos un concerto didáctico ao Salón de actos do noso colexio o Grupo de música tradicional da Agadic, pertencente ao Centro Coreográfico Galego.
O grupo está formado por catro músicos:
Xoán Carlos Rilo, Daniel Romero, Xosé Ramón Bugliot e Carlos Taboada.
Comezaron tocando a Alborada Anterga de Ourense co cuarteto tradicional galego: dúas gaitas, tamboril e bombo.
Explicáronnos a orixe, as partes e a forma de tocar de varios intrumentos tradicionais galegos: a gaita, o tamboril, o bombo, o pandeiro, a pandeireta, a requinta, a ocarina, a zanfona e a gaita EVO. Ademais tocaron varios idiófonos: peitoque, culleres, tarrañolas, castañola de cana...
O repertorio que tocaron despois da Alborada de Ourense foi o seguinte:
- Marcha procesional de Breixo e Muiñeira da Ponte (Tradicional-A. Anta Seoane)
- Polca dos Campaneiros (A Farruquiña) (Tradicional)
- Foliada de Tenorio (Tradicional)
- Marcha procesional e Muiñeira do Areal (Tradicional-Tradicional)
- Foliada de Santiso (Tradicional)
- Marcha de Chirimías (Recollida no cancioneiro Casto-Sampedro)
- “Ao pasar por Lavadores” (do grupo "Os morenos de Lavadores")
Estivo xenial e aprendimos moito sobre o noso folclore musical, que é amplísimo e que debemos coñecer e conservar.
GRAZAS POR VIR!! VIDE TÓDOLOS ANOS!