Flores en 3D con versos de Xela Arias
Comezamos deseñando e imprimindo 160 unidades de flores en 3D
Cada flor serviu de anel/soporte dun rolo de papel con versos de Xela Arias
As flores foron entregadas ao alumnado de cada clase por repartidores e repartidoras que empregaron os mBots con remolques feitos con distinto material de reciclaxe
Rubén e Luís en plena construción | Nadia, Aitana, Carla e Martina dando os útlimos retoques |
O alumnado de 6º foi o encargado das entregas, para iso tiña que cubrir un recibo de entrega e a súa vez a clase tiña que asinar a conformidade co produto entregado.
Tamén imprimimos as letras do nome de Xela Arias en 3D que luciron cos retratos expostos nos corredores do centro.
Actividade realizada polo equipo Biblioteca creativa, ENDL e AAEE