Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

DÍA DO LIBRO

Ao longo deste mes para conmemorar o "Día do Libro", fomos realizando actividades relacionadas coa lectura, o xogo e a creatividade.

- XOGO DO TRIVIAL: "O gato con botas"
Os gatos móvense polo taboleiro contestando preguntas para conseguir a capa, o sombreiro e as botas.
 
- PERSONAXES DE CONTOS SAÍDOS DA PLASTILINA e inspirados en: Contos de plastilina "Hansel e Gretel".

- HISTORIAS ENCADEADAS:

Os participantes enlazan as oracións, parágrafos e así forman Historias Encadeadas.

 

 - OCA 1, 2, 3 ... A INVENTAR OUTRA VEZ. 

Cada xogador/a vai anotando as palabras por onde vai avanzando no taboleiro, combinando esas palabras narrará unha breve historia.

- APADRIÑAMENTO LECTOR:

Un ano máis os maiores do cole fixeron de padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos.

padriñxs

- VISITA DA DOUTORA CECILIA

cecilia

Tódolos anos polo "Día do libro" a Dra. Cecilia, visita ás aulas de 4º, 5º e 6º de infantil, co fin de comprobar a saúde da biblioteca de aula. Este ano conseguiron o certificado - CORAZÓN VERDE BRILLANTE- Iso significa que aos nenos/as de infantil lles gustan os libros e coidan deles. Tamén lles puxo unha vacina para que o encargado/a do día se acorde de ordenar a bilbioteca.

- O MEU LIBRO FAVORITO

Os nenos/as de infantil ilustraron o seu conto favorito

- RETO: CANTOS CONTOS COÑECES TI?

Na entrada da biblioteca tes un reto sinxelo se queres conseguir un libro, só tes que escribir os títulos de contos que aparecen no panel, poñer o teu nome, o curso e entregalo á coordinadora da Biblioteca. ANÍMATE!!

- A BIBLIOTECA  ESCOLAR ... Espazo para Ler, Xogar e Crear.

 Os nenos/as de infantil desfrutaron dunha sesión de xogos na biblioteca.

 FELIZ DÍA DO LIBRO!

...Ler máis

PRESENTACIÓN DO LIBRO "A NENA E O AVÓ"

Día do Libro

Briana, alumna da clase de 1º de EP,  é a protagonista do conto musicado "A nena e o avó". Con motivo do día do libro presentounos o conto  e compartimos unha das cancións incluídas no libro. Fai click na imaxe para escoitar a canción. 

briana é a protagonista do libro

A autora Carmen Calleja nun momento da lectura do conto que tivo lugar no CC Ponte Vella da cidade.

A nena e o avó

conto

 

Tedes á vosa disposición, na biblio do centro, o conto musicado "A nena e o avó", onde Briana e o seu avó nos descubren un mundo máxico cheo de trasnos, meniñeiros, nubeiros.... 

 

BECAS DO CONCELLO DE OURENSE

O Concello de Ourense abre o prazo para que as familias poidan solicitar axudas para a adquirir libros de texto e material escolar e para comedores escolares para o  curso 2024/25.

O prazo de presentación das solicitudes no Concello é do 22 de abril ao 13 de maio de 2024. 

Establécense dúas liñas de axudas: 

  • Axudas de libros e de material escolar de nenos/as matriculadas en 4º, 5º ou 6º curso de Educación Infantil, a axuda será de 110 €/mes.

  • Axudas de comedor, dirixidas a nenos/as matriculadas en Educación Infantil, Primaria ou ESO. Esta será de ata 90 €/mes.

Para calquer dúbida podedes contactar con nº 988 686 437

Podedes recoller os Anexos no centro escolar.

Tríptico:

ANEXOS

VERBATECA- LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de  infantil.

Xogando, traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras da nosa lingua sobre diferentes temáticas...
 
Esta actividade ten como obxectivos:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
Manter unha boa actitude de escoita.
Motivar á lectura por medio da oralidade.
Fomentar a imaxinación e a creatividade.
 

Base contraincendios de Toén

Visita á base de helicópteros 

Bo día familias, déixovos por aquí un pequeno resumo dos bos momentos que vivimos na saída do venres.

Vistahermosa visita a Base Helicópteros

 Un día xenial

Podedes descargar a presentación no ficheiro adxunto

Hixiene bucodental 4º

O pasado 5 de abril o alumnado de 4º de Primaria recibiu a visita  do hixienista dental do noso centro de saúde de referencia para realizar un OBRADOIRO DE HIXIENE BUCODENTAL, onde aprenderon sobre os bos hábitos e o coidado dos seus dentes.

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO NOSO ENTORNO

 O alumnado de 2º de primaria , visitou a biblioteca municipal da Ponte.               

A bibliotecaria, explicoulles como identificar os libros dos andeis, despois a cativada participou nunha animación á lectura e tamén desfrutaron dun tempo libre de lectura.

ESPECTÁCULO DE MAXIA

O mago Paco, sorprendeunos co seu espectáculo de maxia.

  ....Que pasa cando se xuntan as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos? Pois a maxia apodérase dos contos e os contacontos convértense en "Contamaxias"

PREME NA IMAXE  para ver algúns dos mellores momentos

MENÚ ABRIL

EQUILIBRISTAS CON MAKEY MAKEY

Nesta actividade as alumnas e alumnos de 6º constrúen distintas tirolinas con papel de aluminio que conectan á placa Makey MakeyDespois programan a placa con Scratch para que emita un son cada vez que o aro toque o circuíto. 

 equilibristas

O desafío é atravesar a tirolina sen tocala, se lles treme o pulso e a tocan irán perdendo vidas.

equilibristas paula  nico tirolina 

Distribuir contido


by Dr. Radut