Skip to Content

Saída final de curso 6º

Última excursión da Primaria para as nenas e nenos de que marcharon os días 18, 19 e 20 de xuño a San Vicente do Mar.

Alí practicaron actividades acuáticas como kayak (remando ata as bateas e pasando por debaixo delas), intermareal (coñecendo especies agochadas entre as rochas),snorkel... ademáis de practicar no parque aventuras, rocódromo, tirolina....

Desfrutaron de grandes xogos e veladas nocturnas con nenas e nenos de outros coles, xogaron libremente na praia e nos ratos libres...

Uns días xeniais onde aproveitaron cada minuto e acabaron agotados. Unha grande experiencia e recordo inesquecible.



blog | by Dr. Radut