Filloas de Entroido
As filloas, son tamén protagonistas da festa do Entroido. As auténticas, prepáranse nunha tixola de ferro ou filloeira, pero como no cole non temos diso fixémolas cunha placa eléctrica de facer gofres.
As rapazas e rapaces de 3º de EP aprenderon a cociñar unhas saborosas filloas.
Actividade programada no PDI A Cociñar.
Con diferentes actividades en torno á canción de Mamá Cabra "Filloas":
1-Exercicios para completar a letra da canción.
2-A receita para incentivar o pracer pola lectura comprensiva e pola cociña.