Skip to Content

blogue desalial

Feliz día Mundial da Radio

O trece de febreiro é o Día Mundial da Radio. Celebramos este día publicando a entrevista realizada polo alumnado de 5º de EP á escritora galega Andrea Maceiras. 

"A folla azul" de Andrea Maceiras, por un mundo sostible

O venres Andrea Maceiras achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" e compartimos todas as actividades realizadas na aula.

Nomeámola gran Protectora da Natureza e regalámoslle unha pulseira da Terra que deseñamos e imprimimos en 3D.

Entrevista

ilustramos a folla azulIlustramos unha páxina do libro tamaño cartaz, cos personaxes máis significativos e a selva do Amazonas con abundantes follas azules, xa extintas na historia.

Aproveitamos a súa visita para facerlle esta entrevista: Falamos do libro, da situación que vive a Amazonia, de ecoloxía, problemas medioambientais e tamén nos deu ideas para o  disfrace de entroido. 

O 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio e queriamos emitir esta entrevista a Andrea Maceiras, moderada por estes locutores que o fan de luxo. (Fai click no play e reproducir no navegador)

Actividade medioambiental do Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia: O estudo dos ecosistemas, a Amazonia o pulmón da Terra, problemas ambientais e comportamentos sostibles.

GALERÍA DE IMAXES

IMAXES DO DISFRACE INSPIRADO NA TRIBO DOS KAYAPO

Encontros coa autora é unha actividade, organizada pola Concellería de Educación do concello de Ourense, dirixida ao alumnado de 5º curso de primaria.

Non hai fronteiras. Día da Paz 2022

Cantamos e bailamos coas Tanxugueiras esta canción que reivindica a diversidade, a integración, pero tamén a diversión por medio do canto e do baile. Esta canción pon en valor o idioma, as tradicións e a nosa cultura en xeral.

Neste vídeo recollemos os ensaios e a actuación do Día da Paz: Aprendemos a signar "Non hai fronteiras" en lingua de signos, e a dicilo en éuscaro, en catalán ou en bable.

día da Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén podes ver:

Ensaios Coreo Tanxugueiras "Terra" E. Infantil

Titoriais do propio alumnado para ensinar os pasos a través da Aula Virtual

- 1º e 2º primaria

- 4º a 6º Primaria 

Letra da canción

A Terra tamén quere Paz

Botellas cheas de amor ao planeta

Na celebración do Dia da Paz, tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.

botellas cheas de amor

botella

Enchemos as botellas con plásticos (sobretodo dos envoltorios das  merendas) para diminuír o volume de residuos que xeramos no cole. Estas botellas convertiranse en materia prima coas que se producirán novos produtos.

Esta proposta ambiental pretende formentar bos hábitos entre os máis cativos e visualizar un dos principais problemas medioambientais do noso tempo.

Para ler máis: Á SOMBRA DO ÉRBEDO - Blog da biblioteca

 

Pulseiras 3D no día da Paz

pulseiras 3d paz

Biblioteca Creativa

OBRADOIROS DE PULSEIRAS

Para o Día Escolar da Paz, a biblioteca imprimiu en 3D o símbolo da Paz. Na distintas clases formaron obradoiros de creación de pulseiras.

1º Mediron o cordón: 32 cm para cada lado.

2º Fixárono a cada lado como se ve na figura.

3º E por último, a parte máis complicada que foi facer os nós corredizos. 

 

Para saber máis. O símbolo da paz apareceu por primeira vez en 1958 nunha campaña a favor do Desarme Nuclear. Pretendía representar un 'D' e un 'N' baseándose no sistema de mensaxes con bandeiras que usan os barcos para comunicarse. O símbolo foi adaptándose  e tomando diferentes significados asociándose coa Paz e a Xustiza. 

Samhain Medieval

Mural de Samaín

Actividade programada dentro do proxecto documental do centro: A Idade Media

En 6º curso rotulamos palabras con caligrafía medieval e ilustrámolas de xeito terrorífico. 

Actividade proposta na Aula Virtual: Artística,  6º curso

Distribuir contido


by Dr. Radut