1. Un limón 2. Un vaso para poñer o zume do limón 3. Un coitelo para cortar o limón 4. Bastonciños de algodón 5. Unha folla de papel 6. Un chisqueiro ou mistos 7. Unha candea
Nas clases de infantil estivemos a investigar e aprender sobre O Espazo. As constelacións foi un dos temas que traballamos e quixemos facer unha actividade sobre elas utilizando material dos Polos Creativos e conseguir iluminar a nosa constelación.
Hoxe saímos ao Parque da Lectura para celebrar o Día da Terra.
Tomamos as nosas merendas saudables e xogamos un montón! Foi un xeito diferente de estar no creo. Sen dúbida, volveremos a repetir a experiencia máis días!
O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.
No documento adxunto tedes toda a información sobre a carreira pola paz que imos celebrar o próximo día 30 de xaneiro. Estades todos e todas convidados