Contratos programa

Dun xeito lúdico educamos en e para a igualdade de xénero, fixándonos esta vez no mundo das profesións.

Xogamos aos oficios

Co conto Benito y su carrito aprendimos  a ser libres de estereotipos, desigualdades e sexismos. Os nenos e nenas que teñen que ser valientes e pensar, sentir e facer o que queren.

NON aos esteriotipos

Para aprender a recoñecer e diferenciar as emocións é necesario unha linguaxe emocional para entender que nos pasa en cada ocasión e tamén expresar o que sinten os demais.

 

Como nos sentimos?

Aprender colaborativamente implica traballar en conxunto para solucionar un problema ou abordar unha tarefa, tendo un obxectivo común e contando co punto de vista de todas e todos.

Traballo colaborativo

O xogo é un valioso recurso educativo que favorece o desenvolvemento lóxico, de distintos métodos, técnicas e estratexias intelectuais, así como actitudes, procedementos e hábitos útiles  para desenvolver na sociedade.

Aquí presentamos unha serie de fotografías que do ben que o pasamos e á vez aprendemos.

Xogamos e aprendemos

No adxuntos podedes ver toda a información da campaña de recollida de xoguetes iniciada polo Concello de Narón

Durante o mes de novembro as nenas e nenos de 5º e 6º de Infantil disfrutaron do obradoiro de nutrición . Nel aprenderon e recordaron a importancia de levar unha alimentación saudable.

OBRADOIROS DE NUTRICIÓN

Hoxe , parte do claustro de profesores, recibimos unha formación sobre lectura fácil, que é a maneira de adaptar o material escrito para todas as persoas con algún tipo de discapacidade cognitiva, deterioro cognitivo, problemas de aprendizaxe , ....

Foi moi interesante e moi funcional para a nosa practica docente.

Distribuir contido