4º Curso
COMPOSICIÓN E OBXECTIVOS
CLIC NA IMAXE PARA VER |
ACTIVIDADES |
Elaboración de carteis e murais nos que a parte escrita figurará en tres ou catro linguas para demostrar que o galego é unha máis, e nosa. |
Realización de Visitas didácticas que teñan que ver coa cultura galega e que implicaran a realización de actividades interdisciplinares. |
Concursos plásticos como o das postais do Nadal e carteis, nos que se primará ademais do emprego do galego, a alusión a elementos propios de Galicia; slogans e cómics que potencien o uso do noso idioma en tódolos ámbitos escolar, familiar e do pobo. |
Continuar coa elaboración de materiais de estudio do contorno, como o estudio do patrimonio cultural-histórico e natural da zona. Consideramos que sería moi positivo a realización de rutas (artesás, paisaxísticas, industriais). |
Colaboración cos responsables das Actividades Complementarias e Extraescolares en celebracións e conmemoracións (elaboración de carteis, poesías, contos, xogos populares...) en especial nas seguintes: |
|
TITORÍA DE 3º / 4º. MÚSICA (Actividades durante o peche)
Estimadas familias:
Saúdos e desexarvos que estes días de encerro non estean a ser demasiado duros. Sabemos que tedes fillos na casa durante moito tempo e polo tanto cremos que é preciso enviarvos unha serie de actividades e rutinas que volo faciliten e ao mesmo tempo non perder o costume de facer algunha tarefa todos os días. Estas tarefas son voluntarias xa que sabemos que non todas as familias teñen a mesma dispoñibilidade.
Tede presente que isto é novo para nós e cando traballamos desde casa todo é máis complicado.
https://orincondeanabel.blogspot.com/