Normativa
Competencias do Consello Escolar
- Normativa
Lei orgánica 2/2006 de educación. Artigo 127. Modificado pola LOMCE.
O Consello Escolar do centro terá as seguintes competencias:
a) Avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da presente Lei orgánica: Proxecto Educativo, Normas de Organización Funcionamento e Convivencia, Proxecto de Xestión do Orzamento e Programación Xeral Anual.
b) Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.
c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados.
d) Participar na selección da dirección do centro, nos termos que a presente Lei Orgánica establece. Ser informado do nomeamento e cesamento dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento da dirección.
e) Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao establecido nesta Lei Orgánica e disposicións que a desenvolvan.
f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas pola dirección correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.
g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o artigo 84.3 da presente Lei Orgánica, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.
h) Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no artigo 122.3
i) Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.
j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
k) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a pedimento da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.
l) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.
Artigo 5. O consello escolar
O consello escolar do centro educativo, ademais dás funcións que lle atribúe ou artigo 127 dá Lei orgánica 2/2006 e o artigo 57 dá Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito a educación, terá as seguintes:
a) Elixir as persoas representantes dá comisión de convivencia, de acordo co establecido non artigo 6.2 deste decreto.
b) Establecer directrices para a elaboración do plan de convivencia e dás normas de convivencia do centro.
c) Realizar anualmente ou seguimento e a avaliación do plan de convivencia e dás normas de convivencia do centro.
d) Propor actuacións en relación coa convivencia para todos vos sectores dá comunidade educativa, especialmente as relacionadas coa resolución pacífica de conflitos.