Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Primaria

Ciencias Naturais 1º

Luns. 4 de maio de 2020

 

Bos días, aquí vos deixo traballiño novo para seguir repasando a área de Ciencias Naturais.

 

Un saúdo a todos e a todas!

 

ENGLISH FOR 1 PRIMARY- THE WEATHER and BODY PARTS

Hi Kids!!!

I hope you are all well!!! Espero que estedes todos ben.

Envíovos dúas ficha para repasar the WEATHER e BODY PARTS. Solo tendes que facer click na imaxe.

 


Recordade enviarma a lidia.calvelo.reyes@edu.xunta.gal

 

See you soon!!!

Vémonos pronto

Lidia

Ciencias Naturais 1º

Luns, 27 de abril de 2020

Déixovos un traballiño para repasar contidos de Ciencias Naturais. Preséntovolo en dous formatos: PDF e WORD. (O único problema deste último é que dependendo da versión que teñades instalada no voso ordenador, si é diferente a miña, pódese desconfigurar a páxina).

 

 


  Calquer duda ou consulta podedes utillizar o meu mail: soniap@edu.xunta.gal

Un saúdo!

 

EDUCACIÓN FÍSICA: MÓVETE CONNOSCO NA CASA

Luns, 27 de abril de 2020

MÓVETE CONNOSCO NA CASA

Trátase dun programa posto en marcha pola  Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, "MóVETE CONNOSCO NA CASA". A través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñouse unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns aspectos como a resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas para evitar o sedentarismo na casa.

Móvete connosco na casa son vídeos que non ocupan mais de 15 minutos. Están diseñadas para facer na casa e sen apenas material específico dunha maneira divertida e significativa para todo o alumnado de educación primaria.

Clip1: Móvete connosco na casa-A velocidade de reacción

 

 

 

Clip2: Móvete connosco na casa - A forza-resistencia

 

 

 

Clip3: Móvete connosco na casa - Iniciación ao ioga

 

GaliciaLe!

Con motivo do Día Internacional do Libro, que foi o 23 de abril, aquí vos deixamos un enlace para poder acceder ao préstamo de obras en formato electrónico e gratuíto gracias a plataforma GaliciaLE.

Que é GaliciaLe?

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

 

 Aproveitade este interesantísimo recurso e a ler!

23 de Abril Día Internacional do Libro

Bos días a todos e a todas!

 

Como cada ano, o 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, lembrando a morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare.

Deixámosvos unhas actividades relacionadas con este día.

CADERNO DO QUIXOTE

Trátase dun caderno baseado no Quixote para traballar no día do libro e dirixido a alumnos do primeiro e segundo de Primaria. Consta de varias páxinas nas que atoparás aos personaxes das obras, xogos, debuxos para colorear, marcapáxinas (algúns con outros personaxes infantís) e unha escena para colorear con números.

MARCAPÁXINAS

E recorda... Eu quedo na casa lendo, e ti?

Deixamos un vídeo que nos facilitou a contacontos Sabela Gago, da que iamos desfrutar neste día.

CLIC ENRIBA PARA VISUALIZAR

Esperamos que vos guste!

ENGLISH FOR 1 PRIMARY

Hi Kids!!!

How are you? Espero que estedes todos ben e que sigades facendo cousiñas na casa para non perder o ritmo.

Envíovos un conto en Inglés que seguro que todos coñecedes.

A ver que vos parece....

Pulsade na imaxe para velo.

 

Tamén vos deixo unha ficha para recordar NUMBERS AND COLOURS.

Se queredes cando a rematedes podedes enviarma ao meu correo para que a poda ver e correxir.

O meu correo é lidia.calvelo.reyes@edu.xunta.gal

Pulsa na imaxe para descargar a ficha.

 

I hope to see you soon!!!! espero vervos pronto

Bye!!!

Lidia

DÍA MUNDIAL DA VOZ

O noso Equipo de Orientación e en especial a especialista de Audición e Linguaxe, recórdanos que o día 16 de abril se celebrou o Día Mundial da Voz, co obxectivo de crear conciencia sobre a importancia do seu coidado. Aquí tedes unhas pautas e recomendacións.

Adxúntase tamén un taller de estimulación da linguaxe que podemos levar a cabo dende as nosas casas e que se visualiza cun clic na imaxe.

CON AGARIMO, ESTE VÍDEO PARA TODOS VÓS!

CLIC ENRIBA DA IMAXE PARA VISUALIZAR.

Distribuir contido


by Dr. Radut