Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Primaria

Blogue 1º Educación Primaria - actividades confinamento

Aquí vos deixo o blogue no que atoparedes as actividades para 1º de Educación Primaria durante estes días.

 

http://virxedabarca1primaria.blogspot.com/

SAMAÍN E MAGOSTO 2º PRIMARIA

Álbum: curso 2020/2021 -> Samaín 2º de Primaria

SAMAÍN 1º DE PRIMARIA

Álbum: curso 2020/2021 -> Samaín 1º de Primaria

LISTA DE LIBROS DE TEXTO DE 2º DE PRIMARIA.

CLIC ENRIBA PARA VISUALIZAR O LISTADO EN PDF

8º CONTO PARA OS NENOS/AS DE 1º.

Deixo o 8º vídeo e os links á historia escrita e actividades.

Hitoria escrita.       Actividades.

7º CONTO PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA.

Deixo o 7º vídeo e os links á historia escrita e actividades.

Hitoria escrita.       Actividades. 

EDUCACIÓN FÍSICA E MEDIO AMBIENTE

5 de Xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Aproveitando este día propóñovos, desde a área de Educación Física, uns cantos xogos con material de refugallo.

Existen moitos, anímovos a que poñades en funcionamento a vosa imaxinación... que outros xogos podedes inventar?

- Birlos con botellas de plástico recheas dun pouco de area ou auga... e  con unha bóla ou pelota pequena tentar derrubalos desde diferentes distancias.(a pelota tamén se pode facer con papel de periódico e celo).

- A Encestar!: lanzar bolas de papel de periódico desde diferentes distancias e intentar encestalas nun cubo ou cesto que teñamos pola casa. Cada vez que acertemos un lanzamento temos que dar un paso atrás para afastarnos. Se fallamos un paso adiante para acercarnos. Quen o consegue facer desde máis lonxe?

- A esquivar!: facemos unha fila con varias botellas de plástico e temos que pasar entre elas en zig-zag de diferentes maneiras: correndo cara adiante, de costas, con patinete ou patíns... intentando non derrubar ningunha. Quen é capaz?

- Saltando illas: Necesitamos varias follas de xornal polo chan separadas a diferentes distancias. O xogo consiste en desprazarse ata a meta, pisando só sobre elas tentando non caer a auga porque hai crocodilos! Hai que ter equilibrio! Se o conseguimos podemos repetir pero dobrando a metade cada folla... e así ata que sexa imposible manter o equilibrio!

- Reto: con só dúas follas de periódico hai que conseguir chegar dunha habitación da casa a outra pisando só enriba dos papeis, pero ollo! non se pode arrastralos cos pés. Quen o consegue?

Tamén se pode construír material moi divertido sen gastar diñeiro e axudando a coidar o medio ambiente:

- Fai tempo colguei na web un docuemento para facer un iogurcesto, é moi fácil e rápido de facer. E tamén moi divertido xogar con el. Asique se ainda non o fixeches podes aproveitar a ocasión. Clic aquí

- Outra opción é construir un Suavicesto, con un bote de suavizante que teña asa para logo ser capaz de recoller unha pelota con el. Atréveste?

Aquí podedes ver o vídeo para construír un. Como hai que usar unha serra ou un cúter, tédelo que facer con un adulto. https://www.youtube.com/watch?v=HMI343fzE40

- Tragón de tapas: se reciclades as tapas das botellas podedes facer algo parecido ao da imaxe. Que vos parece? Hai que ter puntería!

Si vos animades a facer algo non dubidedes en mandarme unha fotiño ou vídeo para vervos! ;)

Un saúdo!

 

Sonia Paz

6º CONTO PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA

Deixo o 6º vídeo e os links á historia escrita e actividades.

Hitoria escrita.       Actividades.

5º CONTO PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA

Deixo o 5º vídeo e os links á historia escrita e actividades.

Hitoria escrita.       Actividades. 

Distribuir contido


by Dr. Radut