23 de Abril Día Internacional do Libro
Bos días a todos e a todas!
Como cada ano, o 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, lembrando a morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare.
Deixámosvos unhas actividades relacionadas con este día.
Trátase dun caderno baseado no Quixote para traballar no día do libro e dirixido a alumnos do primeiro e segundo de Primaria. Consta de varias páxinas nas que atoparás aos personaxes das obras, xogos, debuxos para colorear, marcapáxinas (algúns con outros personaxes infantís) e unha escena para colorear con números.
E recorda... Eu quedo na casa lendo, e ti?
Deixamos un vídeo que nos facilitou a contacontos Sabela Gago, da que iamos desfrutar neste día.
Esperamos que vos guste!