Estimadas familias ,
En primeiro lugar queremos darvos as gracias aos que xa formastes parte desta asociación durante o curso pasado. Aos que non, convidámosvos a participar deste proxecto como soci@s, e a participar das actividades e PLANS presentes e futuros desta asociación.
Froito do grande traballo da dirección do centro e resto da comunidade educativa, xunto coas diferentes administracións públicas, houbo un incremento espectacular na matrícula do presente curso, que seguramente reverterá nunha maior calidade educativa e dotación de medios e servizos para os noso fill@s.
Acabamos de abrir a campaña de soci@s para este curso 2020-2021, podedes darvos de alta cubrindo a ficha que enviamos nas mochilas dos peques esta semana, ou mellor a través do enlace:
https://forms.gle/ALcsh5oErNfJECUk9
Dende a ANPA, temos como principal obxectivo conseguir a mellora da comunicación entre as familias e o centro educativo, coa finalidade de acadar unha comunidade que avance cada vez máis cara unha educación de calidade para os nosos fillos e filla . Por iso, no seguinte email : anpa.begonte@gmail.com ,estaremos agardando para recoller as vosas suxerencias e queixas, así como solventar calquera dúbida relativa ao ámbito da educación dos vosos fillos / as. Para aquelas familias que o prefiran, dispoñedes dunha caixa do correo situada na entrada exterior do recinto do cole.
Aínda que a cara visible da ANPA está constituída por un grupo de sete papás e mamás, gustaríanos facer especial fincapé en que, a ANPA As Faias, formámola todas as familias do centro.
Os membros da xunta directiva somos:
Presidenta : Sonia Vilasuso
Secretaria : Marta Blanco
Tesoureiro : Daniel Ferreiro
Vogais : Alba Sixto, Ana Campos, Jose Manuel Rodríguez e Lucía Diaz .
Como xa comentamos o curso anterior, a nosa ilusión é impulsar e apoiar propostas que enriquezan aos nosos fillos e fillas, e creemos que, en colaboración cos soci@s, co centro e coa administración local, provincial e autonómica, conquerimos diferentes obxectivos ao longo dun curso que, por desgracia, resultou sendo sorprendentemente atípico. A modo de resumo moi breve, (xa que enviaremos un informe máis completo proximamente aos soci@s do curso anterior), destacamos os seguintes:
1. Programa “Tendas Amigas”, co cal a través do noso carné de soci@ tiñamos descontos en varias tendas e servicios da contorna.
2. Festa de Nadal (visita de Papa Noel ao cole), coa adquisición dos agasallos por parte da ANPA.
3. Instalación de “O baúl dos desexos”, no que os nenos/as poden deixar por escrito o que lles gustaría mellorar ou cambiar no seu cole.
4. Recadación de fondos para a ANPA a través da Lotería de Reis (e tocounos o reintegro!)
5. Adquisición de material lúdico para o espacio de recreo do centro (“A Arca de madeira”).
6. Participación dos peques e pais/nais formando unha comparsa na Festa de Entroido do Concello de Begonte, organizando os traballos previos e financiando os gastos derivados con fondos da ANPA (obtivemos un dos premios!).
7. Posta en marcha da páxina da ANPA no Facebook.
8. Proxecto “Educa en Eco”, con xornadas e educativas e dotación do centro de diferentes colectores para fomentar a reciclaxe e reutilización.
9. Proxecto “Por un patio máis inclusivo”, coa instalación de mesas exteriores gracias a colaboración da empresa Xardinor S.L.
10. Petición e mediación ante o Concello de Begonte para retomar o Plan Madruga para o curso actual. O Concello finalmente asumiu o custe e organización deste servizo para unha mellor conciliación da nosa vida laboral e familiar.
Proxectos que emprendemos durante o curso pasado e que se viron paralizados ou ralentizados polo confinamento derivado da pandemia COVID-19, pero que xa retomamos ou retomaremos na medida do posible, xunto con outros proxectos de futuro que nos marcamos como obxectivo para o “especial” curso que comezamos son:
- Elaboración dun grafiti nas paredes do peche perimetral do colexio con motivo da celebración das Letras Galegas do 2020.
- Organización de charlas educativas e colaboración nalgúns dos festivais do noso colexio (sempre que a situación sanitaria o permita).
- Acollerse a distintas actividades educativas e lúdicas ofertadas pola Federación de Anpas de Lugo e das diferentes administracións públicas (sempre que a situación sanitaria o permita).
- Continuar con programa “Tendas Amigas”, e amplialo na medida en que a complicada situación económica o permita.
- Elaboración e adquisición de axendas escolares para cada alumn@, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
- Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, mediante a realización de xornadas educativas e adquisición de material lúdico e informativo.
- Representación con voz e voto dun membro da ANPA no Consello Escolar.
- Instalación dunha aula didáctica para obradoiros de cociña no colexio, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.
- Colaboración activa na creación do horto ecolóxico en cooperación coa dirección do centro.
- Adquisición de diverso material pedagóxico e dixital, con cargo a posibles futuras subvencións de diferentes administración públicas.
- Xestión de incidencias, queixas e suxerencias maioritarias dos nosos soci@s, durante este complicado curso que nos toca afrontar.
Agradecemos as vosas opinión e suxerencias. Lembra que somos nais e pais coma ti, que o facemos o mellor que podemos e de xeito altruista.
¡AXÚDANOS A MELLORAR! ¡CONTRIBÚE!
ANPA As Faias, Setembro de 2020.