Skip to Content

CAMPAÑA DE SOCIOS 2021/2022

Estimadas familias:

En primeiro lugar queremos  darvos as gracias aos que xa formastes parte desta asociación durante o curso pasado. Aos que non, convidámosvos a participar deste proxecto como soci@s, e a participar das actividades e PLANS presentes e futuros desta asociación.

Este curso houbo un significativo incremento da matrícula, que, co traballo conxunto de todos os actores da nosa comunidade eduactiva, debera revertir nunha maior calidade educativa e dotación de medios e servizos para os nosos fill@s.

                Acabamos de abrir a campaña de soci@s para este curso 2021-2022, podedes darvos de alta cubrindo a ficha que enviamos nas mochilas dos peques esta semana, ou mellor a través do enlace:

                https://forms.gle/7B6mAhEBNsvVJh9QA

Dende a ANPA,  temos como  principal obxectivo  conseguir a  mellora  da comunicación entre as familias e o centro educativo, coa finalidade de acadar unha comunidade que avance cada vez máis cara unha educación de calidade para os nosos fillos e filla . Por iso , no seguinte email : anpa.begonte@gmail.com ,estaremos agardando  para recoller as vosas  suxerencias e queixas, así como  solventar calquera dúbida  relativa ao ámbito da educación dos vosos fillos / as. Para aquelas familias que o prefiran, dispoñedes dunha caixa do correo  situada na entrada exterior do recinto do cole.

Aínda que a cara visible da ANPA está constituída por un grupo de sete papás e mamás, gustaríanos facer especial fincapé en que, a ANPA As Faias, formámola todas as familias do centro.

Os membros da xunta directiva somos:

Presidenta : Sonia Vilasuso

Secretaria : Marta Blanco

Tesoureiro : Daniel Ferreiro

Vogais : Alba Sixto, Ana Campos,  Jose Manuel Rodríguez e  Lucía Diaz .

Como xa comentamos o curso anterior, a nosa ilusión é impulsar e apoiar propostas que enriquezan aos nosos fillos e fillas, e creemos que, en colaboración cos soci@s, co centro e coa administración local, provincial e autonómica, conquerimos diferentes obxectivos ao longo dun curso que resultou atípico por mor da Covid-19. A modo de  resumo moi breve, destacamos os seguintes:

  • Programa “Tendas Amigas”, co cal a través do noso carné de soci@ tiñamos descontos en varias tendas e servicios da contorna.
  • Festa de Nadal (visita de Papa Noel ao cole), coa adquisición dos agasallos por parte da ANPA.
  • Actividades de Promoción da Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero, dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (axendas, mascarillas, carteleria e dípticos informativos, charlas e obradoiros…
  • Recadación de fondos para a ANPA a través da Lotería de Reis
  • Adquisición de material lúdico e xoguetes dentro do proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. Tamén se realizou a donación dun vale xerade con esta compra por importe de 200 €, que permitiu a adquisición de material para o entroido por parte do equipo docente do centro.
  • Taller de cociña, coa xestión dunha axuda por parte da Deputación Provincial de Lugo para a instalación dunha cociña con toda equipación necesario para o seu aproveitamento didáctico por parte dos alumnos/as.
  • Actuación da Apalpadora, en colaboración coa Area de Cultura da Deputación provincial de Lugo.
  • Proxecto “Educa en Eco”, continuamos a recoller tapóns para poder recaudar fondos coa finalidade de realizar diferentes accións.
  • Aulario exterior, cunha achega económica de 900,00 € grazas o cal foi posible a instalación dun aulario onde os nen@s poden desfrutar das clases a o aire libre. .
  • Realización dun mural con motivo das Letras Galegas, adicado a Rosalía de Castro e en coalboración con Fapacel.
  • Obradoiro de Linxguaxe de Sordo Mudos, promovendo a a prendizaxe da linguaxe de signos.
  • Proxecto Dixitalización Cultural, xestionando unha axuda da Deputación Provincial de Lugo para a adquisición de 10 tablets e a súa posterior cesión ao Centro para uso educativo e didáctico cos alumnos/as.

 

De cara o curso que comezamos, dende a ANPA As Faias, marcámonos como obxetivo, entre outros, os seguintes:

  • Acollerse a distintas actividades educativas e lúdicas ofertadas pola Federación de Anpas de Lugo e das diferentes administracións públicas  (sempre que a situación sanitaria o permita).
  • Continuar con programa “Tendas Amigas”, e amplialo na medida en que a complicada situación económica o permita.
  • Elaboración e adquisición de axendas escolares para os soci@s, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, mediante a realización de xornadas educativas e adquisición de material lúdico e informativo.
  • Representación con voz e voto dun membro da ANPA no Consello Escolar.
  • Adquisición de diverso material pedagóxico e dixital, con cargo a posibles futuras  subvencións de diferentes administración públicas.
  • Xestión  de incidencias, queixas e suxerencias maioritarias dos nosos soci@s, durante este complicado curso que nos toca afrontar.

Agradecemos as vosas opinión e suxerencias. Lembra que somos nais e pais coma ti, que o facemos o mellor que podemos e de xeito altruista.

¡AXÚDANOS A MELLORAR! ¡CONTRIBÚE!

 

Atentamente ANPA As Faias 



story | by Dr. Radut