Velaquí o traballo de 6° de primaria para conmemorar hoxe, 8 de marzo, o Día da Muller.
Un ano máis, outra promoción deixa o noso centro. Esperamos que lles vaia moi ben nesta nova andaina que agora comezan.
Despedímonos aquí da clase de 6º de primaria con esta orla, que veredes mellor premendo na imaxe.
Agardamos que nos visiten pronto. Moita sorte e ata sempre!
Terceiro e último día de excursión final de curso.
Tocou snorkel na praia da Mexilloeira pola mañá e tirolina e percorrido aéreo pola tarde. E, para despedirse... escalada.
- Fotos.
Na xornada de hoxe continúa o bo tempo.
Pola mañá gozaron de xogos na praia de Raeiros e dun paseo polas rochas para explicar e observar o ecosistema mariño da contorna.
Xa pola tarde, practicaron caiac de mar na praia da Mexilloeira. Aínda que o vento complicaba a remada, demostraron ser uns bos piragüistas.
Como vedes, seguen aproveitando ao máximo a súa estancia no Grove.
A celebración do Día da Pizza en 6º de primaria recóllese na prensa do Deza:
- La Voz de Galicia.
- Faro de Vigo.
Hoxe é o día mundial da PIZZA!
E como non, o noso colexio quixo celebralo. Os alumnos e alumnas de 6º buscaron unha receita, escribírona, votárona e a gañadora foi a que elaboraron, e por suposto, comérona.
BO VERÁN!