O pasado 28 de novembro tivemos un contacontos musical interpretado por Jara Ortiz titulado Lúa triangular. O contacontos está baseado no libro Marta e a píntega de Eli Ortiz.
O alumnado disfrutou e participou neste contacontos e aprendeu que todos os contos poden cambiar.
O contacontos estivo organizado pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e estivo xenial!
Aquí tendes unhas imaxes do mesmo e un pequeno video con fragmentos dalgúns momentos do contacontos.
Hoxe é un día para celebrar e recoller os froitos de tanto traballo detrás do Proxecto Son das Flores. Este premio é un anaquiño de cada neno/a, madriña ou padriño de Son das Flores, dun claustro comprometido, un profesorado de orquestra indescritible e unhas familias que nos siguen en todas as nosas tolerías.
Hoxe é un día para dar as grazas a todo o mundo que creu e cre no noso proxecto e para sentirnos moi Orgullos@s do noso cole!
O xoves día 21 tivemos a inmensa sorte de recibir a visita do Conselleiro de Educación, Don Román Rodríguez, do Xefe Territorial, Don César Pérez, da Delegada Territorial, Dona Ana Ortiz e do noso Inspector, Don Xoán Ferreiro.
Viñeron ao cole a coñecer un pouco máis o noso proxecto Son das Flores e nós quedamos encantados da súa visita.
Aquí está a pequena actuación que a nosa orquestra interpretou para este día.
Moitísimas grazas por este día tan especial para nós e para o noso alumnado!
Grazas a Foanpas e a Polo correo do vento por achegarnos a Maruja Mallo dunha maneira lúdica e creativa, achegando o conto e a ilustración ás familias que compartiron este evento.