Skip to Content

O edificio do CEIP Vicente Risco

O centro educativo: CEIP VICENTE RISCO de Vigo naceu co nome de Agrupación escolar Nº 3 mixta de Coutadas-Teis e converteuse nos anos 70 no Colexio Nacional Mixto de Teis-Coutadas; máis tarde a comenzos dos 80 pasaría a denominarse co nome actual de CEIP Vicente Risco.O edificio  foi diseñado por lo arquitecto D. Antonio de Cominges . A súa estructura é similar as do CEIP do Pombal-Lavadores e do Rocío de Bouzas; todos do mesmo tempo. O 15 de novembro de 1954 comunicouse o Concello de Vigo o remate das obras do noso colexio. 

   

   O rematar o curso académico 1976/77 as 160 nenas que cursaban  estudios na escuela primaria Divino Maestro situado na rúa de Sanjurjo Badía, nº  181 incorporáronse o centro xunto coa toda a documentación da referida escola.  Isto provocou a necesidade de ampliación do edificio que consitiu en engadirlle unha altura máis, eliminando o tellado, sustituindoo por unha cuberta de uralita; o ximnasio e dúas aulas enriba deste. A zona concreta na que está ubicado o colexio sitúase detrás do eixo central da rúa de  Sanjurjo  Badía, no barrio formado polas casa feitas pola Caixa de Aforros de Vigo nos anos 50. As rúas do barrio levan nome de frores de ahí o nome do barrio:  " Barrio das flores". Esta zona ten influencia rural e urbán. A rural redúcese a vivendas unifamiliares con hortas ó redor delas, para o consumo da casa. Non existen grandes áreas agrícolas.  



logo

page | by Dr. Radut