Actividades

Concerto didáctico Arcos Iris

Preme na imaxe para volver a disfrutar da Marcha Radetzky no Liceo.

O carnaval dos animais

Neste 1º trimestre, no 3º ciclo, traballamos coa vida e a obra de Camille Saint-Saëns. Un grupo de nenas fixeron un pequeno traballo sobre el no seu tempo de lecer. Esperamos que vos guste.

sentímolo, o flash non está dispoñible.

Acudimos ó concerto didáctico de Romeo e Xulieta

O pasado 24 de maio @s alumn@s de 6º fumos ó Palacio da Ópera para disfrutar do concerto de Romeo e Xulieta sobre o que viñamos traballando.

Aquí podedes ver as fotos  da nosa saída e disfrutar da música de Prokofiev.


Romeo e Xulieta no Palacio da Ópera on PhotoPeach

A Primavera de Vivaldi

Os alumn@s de 3º ilustraron o primeiro movemento de "A Primavera" de Vivaldi. Esperamos que vos guste.

A Primavera de Vivaldi. Ilustracións e texto: Alumn@s de 3ºD on PhotoPeach

Coñecemos a Ludwig Van Beethoven

Os nen@s de 4º estiveron traballando sobre Beethoven. Aquí tedes unha mostra da súa música acompañada das ilustracións que realizaron.

Ludvig Van Beethoven Música: Sonata Patética Ilustracións: Nen@s de 4ºB on PhotoPeach

Ludwig Van Beethoven Música:Quinta Sinfonía Ilustracións:Alumn@s4ºD on PhotoPeach

Ludwig Van Beethoven Música:Para Elisa Ilustracións:Alumn@s 4ºA on PhotoPeach

Ludwig Van Beethoven Música:Novena sinfonía. Himno de la alegría. Ilustracións:Nen@s de 4º C on PhotoPeach

Concerto didáctico ROMEO E XULIETA

O 24 de maio teremos ocasión de disfrutar dunha nova visita ó Palacio da Ópera de A Coruña.
Os alumn@s de 6º asistirán  ao espectáculo Romeo e Xulieta da compañía catalana PER POC.
Disfrutaremos da maxia dos títeres no ballet de Sergéi Prokófiev, interpretado pola OSG e a compañía Per Poc. Os monicreques desenvolven a acción sobre a música descriptiva de Sergei Prokofiev que nos da en cada momento a tensión dramática de cada escena. Trátase dunha proposta moi visual, onde o principal protagonista é a música.

Aquí tedes unha mostra do que imos ver.


Concerto didáctico "La Cenicienta" de Rossini

O vindeiro 26 de xaneiro os alumn@s de 5º curso acudirán ó Palacio da Ópera en A Coruña para a asistir ó concerto didáctico "La Cenicienta" de Rossini. Para ter máis información sobre o traballo que imos realizar podedes picar no arquivo adxunto. Se estades interesados en participar no concerto en familia poderedes disfrutalo o sábado 28 de xaneiro no Palacio da Ópera ás 12:00. Se picades no seguinte enlace tedes unha mostra do que imos ver. VÍDEO.

Concerto didáctico "La Cenicienta" de Rossini

Distribuir contido