Educación física
CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2014
Enviado por Administrador o Xov, 11/12/2014 - 22:20Carmen Lópèz Pose : 21ª
Paula Andújar Paz: 26ª
Carla Soto Andrade: 30ª
Uxía Alborés Canosa: 31ª
Ousmane Sarr : 2º
Alonso de Vicente Martínez : 9º
Julián Blanco Andrade: 28º
Fabio Riveiro Oreiro: 33º
María Villaverde Ameijeiras : 1ª
Lucía Roget Blanco: 4ª
Nerea Blanco Rial: 8ª
Natalia Torres Trillo: 22ª
Victor Canosa González: 11º
Brais Santos Barreira: 16º
Samuel Rodríguez Regueira: 22º
Hugo Santos Pérez: 38º
Nerea Plaza Fernández: 48ª
Diego Romero Aguiar: 17º
Francisco Infesta Gándara: 27º
Álvaro Quintáns García: 55º
David Villaverde Ameijeiras: 56º
- Ousmane Sarr e Alonso de Vicente Martínez na categoría benxamín masculino.
- María Villaverde Ameijeiras, Lucía Roget Blanco, Nerea Blanco Rial e Natalia Torres Trillo na categoría alevín feminino.
Partido de brilé entre o alumnado de 6º e o profesorado
Enviado por Administrador o Sáb, 14/06/2014 - 00:00QUE SIGNIFICA O DEPORTE?
Enviado por Administrador o Sáb, 14/06/2014 - 00:00X CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN
Enviado por Administrador o Sáb, 12/04/2014 - 00:00Celebramos o San Martiño
Enviado por Administrador o Mér, 14/11/2012 - 17:11A celebración do San Martiño resultou todo un éxito no CEIP San Vicenzo. Durante a semana previa ao 11 de novembro, día do San Martiño, leváronse a cabo actividades en torno ao peón. Así tivemos unha exposición de trompos decorados polos alumnos/as de Primaria e nos recreos do xoves e venres realizouse unha competición de lanzamento de peón por ciclos. Se queredes máis información sobre estes eventos deixamos a continuación un enlace ao blogue de educación física do Rino Vicentino. Ademais se facedes clic na imaxe de abaixo accederedes ás fotos que sacamos ao longo da semana.
Noraboa a tódolos corredores/as
Enviado por Administrador o Xov, 08/12/2011 - 22:02Onte, mércores 7 de decembro, o noso cole participou na carreira de campo a través que se celebrou no campo de fútbol "Novas Raíces" de Cee. O tempo, aínda que non foi bó de todo, portouse ben e apenas choveu durante a carreira. Todos vós competichedes moi ben e o máis importante, pasamos unha mañá moi divertida coñecendo a rapaces doutros coles da nosa comarca.
Algúns acadachedes incluso unha medalla e a clasificación para a seguinte carreira que será na Pobra do Caramiñal despois das vacacións de Nadal.
Facede clic na imaxe se queredes ver o resto das fotos da carreira.
Gran participación na celebración do San Martiño
Enviado por Administrador o Sáb, 19/11/2011 - 11:51 O San Martiño 2011 tivo un gran éxito de participación por parte de todo o alumnado. Por un lado o propio día do San Martiño, o venres 11 de novembro, celebramos unha competición de baile de peón na que se inscribiron case 90 rapaces dos tres ciclos de Eduación Primaria. Isto fixo que tivesemos que organizar tres campionatos distintos para cada un dos ciclos. Moitos e moitas de vós demostrachedes ser uns expertos no baile de peón e finalmente resultaron vencedores Pablo Blanco (1º ciclo), Ángel Senra (2º ciclo) e Jesús Oanes (3º ciclo).
Ademais os nenos/as de Educación Infantil desfrutaron coa exhibición que lles fixeron algúns alumnos/as de 3º ciclo e incluso algún dos pequenos iniciouse nisto do baile do peón demostrando moi boas maneiras.
Por outra banda durante estes días realizamos unaha exhibición de peóns que vós mesmos decorachedes e na que conseguimos xuntar máis de 50 "obras de arte". Trala votación realizada por tódolos alumnos/as do cole os peóns máis votados foron os de Rodrigo Pereira (6ºB), Sergio Mouzo (2ºB), Uxia Min Andrade (4ºB) e David Blanco (4ºA).
Noraboa aos gañadores/as e moitísimas grazas a todos/as pola vosa participación! Xa sabedes que a partir de ágora podedes coller peóns no préstamo de material dos recreos para non perder a práctica de cara ao próximo San Martiño!
Se facedes clic aquí podedes ver o resto das fotos que se fixeron durante estes días.
"Polo San Martiño, peóns ao camiño!"
Enviado por Administrador o Dom, 06/11/2011 - 21:48Este venres día 11 de novembro recuperaremos unha tradición que se viña celebrando no cole outros anos. Deste xeito para conmemorar o San Martiño levaremos a cabo actividades centradas no peón.
Por unha parte organizaremos un concurso de peóns no que serán premiados os máis bonitos e orixinais que serán expostos ao longo da semana no cole. Por outra banda o propio venres realizaremos unha competición de baile de peón na que poderán participar tódlos nenos/as de primaria que o desexen.
Así que xa sabedes, a conseguir un peón e a practicar toda esta semana!