AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.
- Formas de presentación:
Os cidadáns poderán acceder á solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
- Presentación no centro: Neste caso imprimirá a solicitude e o anexo ll e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación ( A solicitude terá asignado un número pola aplicación).
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
No caso das persoas que precisen recoller as solicitudes en formato en papel poden acudir ao centro respectando o seguinte orde na medida do posible, tendo en conta as medidas de seguridades requeridas na situación actual:
Plazos:
- Familias de 6º de Educación Infantil e 1º de primaria: Venres 22 de maio.
- Familias de 2º e 3º de primaria: Luns 25 de maio.
- Familias de 4º e 5º de primaria: Martes 26 de maio.
Para a entrega da documentación, unha vez cumplimentada, establécense os seguintes plazos:
- Familias de 6º de Educación Infantil e 1º de primaria: 1,2,e 3 de Xuño.
- Familias de 2º e 3º de primaria: 4,5 e 8 de Xuño.
- Familias de 4º e 5º de primaria: 9,10 e 11 de Xuño.
Horario de entrega: 11:00 h a 13:00h.
As persoas que non poidan acudir nas datas sinaladas deben intentar ter entregada a documentación antes do 16 de Xuño, por organización administrativa no centro.
IMPORTANTE: O alumnado beneficiario de axudas no curso 2019/20 terá a obriga de devolver os libros ao centro para poder acceder a esta axuda. O alumnado de 1º e 2º no ten que devolver os libros. Nuns días publicaranse os prazos establecidos para a recollida e entrega de libros e materiais para cada curso, unha vez entremos na FASE 2 tal e como esixe a lexislación vixente.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20200519_axudas_libros.pdf | 1.2 MB |