Saltar navegación.
Inicio

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021.

Do 1 ao 23 de  marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos/as no CEIP Plurilingüe San Vicenzo para o curso 2020/21.

Os impresos de solicitude de praza escolar serán os correspondentes aos anexos da Orde do 12 de marzo de 2013.

Métodos de presentación de solicitudes:

  • Recoller a solicitude no centro ou descargala na aplicación admisiónalumnado, imprimir, cubrir e presentala no centro educativo ( anexo ll ED550B) (www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
  • Presentar a solicitude no centro creada a través da aplicación.
  • Presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación.

Presentar especial atención aos datos persoais así como DNI ou NIE achegados ou xénero. Tamén se desexa ou non os servizos de comedor e/ou transporte escolar ofertados polo centro. Poden ver as instruccións na mesma aplicación ou no taboleiro de anuncios do centro.

A listaxe provisional de admitidos e non admitidos publicarase no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web antes do 25 de abril e a definitiva antes do 15 de maio.