Composición do Consello Escolar
Enviado por Administrador o Lun, 14/09/2020 - 16:16
O Consello Escolar do centro é o órgano a través do que participan na súa xestión os distintos sectores da comunidade escolar.
O CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo é un centro de máis de 8 unidades polo que a súa composición, atendendo á lexislación vixente, é a seguinte:
- Directora, como presidenta.
- Xefa de Estudos
- 1 representante do Concello
- 1 representante da Administración e Servizos
- 5 mestres do claustro, elexidos entre eles.
- 5 representantes dos pais/nais do alumnado ( no caso de presentarse)
- A secretaria do centro, con voz pero sen voto.