Martín de Corme. Un TENISTA que xoga en cadeira de rodas
Este venres tivemos a grande honra de que nos visitara Martín Varela Dourado, Martín de Corme. Na súa carreira a #Río2016 fixo un oco na súa axenda para compartir connosco unha tarde que non esqueceremos.
Queremos agradecerlle a Martín que nos dera a oportunidade de aprender da súa experiencia de vida; un exemplo de superación onde as únicas limitacións están na nosa mente. Nas súas palabras;
"Recordade: non son un discapacitado que xoga ao tenis. Son un TENISTA que xoga en cadeira de rodas"
Máis información;
- Multitudinario recibimento no CEIP San Vicenzo
- Páxina web
- O seu blog; Tenis en silla de ruedas
- Martín Varela comeza a carreira a #Rio2016 con vitoria en Italia
- Con Martín a Río 2016
Os nosos mellores desexos no camiño aos Xogos Paralímpicos de Río 2016.