Navegación |
IgualdadeVisita de Elena Vázquez CendónCon motivo da conmemoración do 8M recibimos a visita de Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC. A charla de Elena serviu para visibilizar ás mulleres matemáticas que ao longo da historia foron ninguneadas e non recibiron o recoñecemento polo seu traballo. ( categories: )
Actividades de IgualdadeO alumnado do Ceip San Tomé participou en varias actividades relacionadas coa Igualdade que levou a cabo APAIOGA. Nelas traballaron valores dun xeito lúdico a través dun Scape Room e Ximcanas, actividades que resultaron altamente interesantes. Premendo na imaxe podedes acceder a un álbum de fotos das xornadas.
( categories: )
Charla de Mulleres SalgadasA asociación Mulleres Salgadas, de Boiro, impartiu una charla ao alumnado de 2º de primaria na que mostraton aspectos do seu traballo no mar, incluídos diferentes aparellos de pesca e marisqueo. Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum desta xornada, na que os valores destas mulleres deixaron moi bo poso entre o alumnado. ( categories: )
8 de marzo de 2022
O Día Internacional da Muller 2022 reivindinca os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xénero e ofrecer lugares, e actividades de encontro e empoderamento. Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo " Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: " A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas. As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... Para máis información Preme aquí No noso centro festexamos este día tan significativo dialogando e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade, e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade e en distintos ámbitos, familiar, artístico, científico... Tamén puidemos disfrutar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo " Elas pintan moito" onde reivindicaron o importante papel de catro pintoras no ámbito artístico a nivel internacional. ( categories: )
Día mundial das persoas con discapacidadePara conmemorar o Día Mundial das persoas con discapacidade fixemos unha xornada de sensibilización en EF. Consistiu en levar a cabo xogos nos que o alumnado tiña unha limitación. O resultado, no seguinte vídeo:
( categories: )
25 NAs bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia. O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atencioón fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos productos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.
Un curso máis, seguimosnecesitando accións para denunciar a violencia sistemática contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra as nenas, mozas e muleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Dende a ONU alertan de que ademais do impacto COVI-19, hai un evidente aumento da violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo debido ás crises actuais causadas por desastres naturais e desastres provocados polo home, como conflictos e guerras.
O 25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e maxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos permitir un paso atrás.
No noso cole tamén conmemoramos esta data tan importante e necesaria debatendo na aula sobre o tema, reflexionando sobre a realidade actual e realizando un mural onde queda reflectido o rechazo que sentimos cara calquera tipo de violencia.
( categories: )
Escola de empoderamento feminino "Dolores del Valle"Dende o concello de Cambados poñen en marcha esta excelente iniciativa que queremos compartir con todas e todos vós. O vídeo merece toda a atención. ( categories: )
SEMANA DA MÚSICAO luns 22 de novembro comezamos coa Semana da Música (aínda que vai durar máis dunha semana) e ven cargada de actuacións. A continuación deixamos os carteis desta semana:
( categories: )
Cancións inclusivasAs nenas e nenos do cole estiveron a ensaiar dúas cancións coa mestra Mónica e o resultado quedou moi chulo. A edición dos vídeos impregna os mesmos de inclusión e diversidade, vexamos o resultado!
( categories: )
Actuación polo Día da MulllerEnviado por manufelpeto o Sáb, 06/03/2021 - 09:29
Dende a Xanela do Maxín puidemos disfrutar da actuación de Celtia Figueiras representando "U-la Lúa?", un precioso espectáculo de títeres cunha historia na que a Igualdade é a mensaxe final. A continuación deixamos unha tira de imaxes da actuación. ( categories: )
|
CENTRO INNOVAGALContratos programa
Plan Proxecta |