8 de marzo de 2022

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Día Internacional da Muller 2022 reivindinca os dereitos das mulleres baixo  o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. 

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xénero e ofrecer lugares, e actividades de encontro e empoderamento.

Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo " Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: " A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas.

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... 

Para máis información Preme aquí

No noso centro festexamos este día tan significativo dialogando e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade, e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade e en distintos ámbitos, familiar, artístico, científico... Tamén puidemos disfrutar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo " Elas pintan moito" onde reivindicaron o importante papel de catro pintoras no ámbito artístico a nivel internacional.

( categories: )