Skip to Content

Celebracións

Celebración do Día da Paz 2014

Cun bonito acto celebramos o Día Internacional da Paz e a non Violencia. Todas as nenas e nenos foron partícipes en maior ou menor medida nunha xornada tan marcada no calendario.

Se premes na foto poderás ver a nova ampliada no blogue de extraescolares.

Día da Paz

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz. Este ano, como non podía ser doutro xeito, cunha lembranza especial para Nelson Mandela; por iso faremos unha tirada especial do Eco de San Tomé adicada a el.

Por otra parte os nenos e nenas cantarán e representarán todos xuntos unha canción, se queredes practicar na casa está colgada no blogue de Música.

Podedes acceder á entrada premendo aquí.

Vídeos do Festival de Nadal 2013

No blogue de extraescolares están publicados os vídeos do Festival de Nadal 2013.

Preme aquí para velos

Festival de Nadal 2013

O vindeiro venres día 20 celebraremos o Festival de Nadal no salón de Peña. Convidamos ás familias a que asistan ao mesmo.

O programa será o seguinte:

10:30—Proxección do video de Nadal “ ARMOUSE O BELÉN”.

10:50—Cantan e bailan “ Chimpum”- 3 anos.

10:55—Bailan o “ vals da sorte”- 4 anos.

11:00—Representación “ O piollo e a pulga”.– 5 anos.

11:05—Canción e representación “ buscando unha estrela”- 1º A e B

11:10—Bailan “ Merry Christmas jingle bells rock”.– 2º A.

11:15—Tocan e bailan “ Plink Plank Plunk” de Leroy Anderson.-2º B

11:20—Cantan e representan unha festa “ Galego-Hawaiana” de Nadal.-3ºA e B.

11:25—Percusión “ Marcha Radetzky” de Johan Strauss ( Pai).– 4ºA e B.

11:30—Bailan “ Señorita”.– 5º A.

11:35— Bailan “ Wake me up”.– 5ºB.

11:40—Musical “ Grease”.– 6ºA.

11:45—Bailan “ C’mon”.– 6ºB.

11:55—Proxección do video de Nadal “ ARMOUSE O BELÉN” . Esta proxección é para os pais.

 

 

Máis Samaín

Dende os diferentes blogues do centro se tratou a celebración do Samaín - Halloween. Aquí facemos un resumo:

- O Samaín en Infantil

- O Samaín en Extraescolares

- O Samaín en ENDL

- O Halloween no blogue de Inglés

Samaín - Halloween no Ceip San Tomé

No Ceip San Tomé non entendemos de rivalidades entre Halloween ou Samaín. Con esta filosofía realizouse un acto conxunto (participou toda Primaria e parte de Ed. Infantil) no patio do colexio. Como veredes no vídeo, o resultado resultou "terrorífico":

 

Vídeo e fotos do Entroido

Os nosos compañeiros de extraescolares xa colgaron o vídeo e as fotos da celebración do Entroido; podedes acceder dende aquí:

- Vídeo do Entroido

- Fotos

Celebración do Entroido

Case sen rematar o Día da Paz xa nos metemos de cheo noutra celebración: o Entroido.

Este curso está condicionado polo tema do proxecto da biblioteca; a Inteculturalidade. Nos imos desvelar de que vai disfrazado todo o mundo, xa que hai algunha que outra sorpresa, pero sí que imos publicar o programa para o venres 8 de febreiro:

- En torno ás 12:15h comezará o desfile de disfraces polo patio. Será o momento no que os pais/nais poderán ver aos seus fillos e incluso poderán facer fotos de grupo xa que está prevista unha parada para tal efecto (ao máis puro estilo do cine, o denominado "photocall", xa castelanizado en "fotocol")

- Ás 12:45h faremos un desfile acompañado de festa no pavillón soamente para os alumnos (os pais non poderán asistir). Os alumnos de 5 anos e os de 2º, 4º e 6º traerán postres típicos do Entroido; esta medida tomouse para evitar que sobre moita comida. (O vindeiro curso traerán os postres o resto do alumnado)

- Ás 13:45h os alumnos volverán ás aulas acompañados polas súas titoras. Os pais recollerán aos nenos coma de costume, ás 14h no lugar habitual.

Celebración do Día da Paz

O blogue de Extrescolares bota fume; xa que coa conmemoración do Día da Paz foron moitas as entradas que tiveron que publicar. Podemos ver as montaxes de vídeo que se lles pasaron aos alumnos e tamén da celebración que se fixo no patio do colexio.

Preme para ver:

- Vídeo de Infantil e 1ºCiclo

- Vídeo do 2º e 3º Ciclo

- Vídeo da celebración

Ensaios do Festival de Nadal

A profe Mónica publicou no blogue de música unha entrada onde están os ensaios do Festival de Nadal. Se queres ver como foi este proceso, preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut