Os nosos Mbot queren facer algúns dos camiños de Santiago, así que os programamos para que deran unha volta pola nosa terra. Este proxecto denominouse "hackobeo".
As/os Santomeinsteins deste ano son bastante rockanroleiras/os. Deulles por montar grupos musicais e o resultado foi do máis variopinto. Nos vídeos podedes ver resultados.
Xa estamos de volta, os Santomeinsteins comezarán unha nova andaina neste curso 2021/2022, e será un curso marcado pola luva que nos lanzaron dende o equipo de biblioteca. Resulta que este ano, o PDI chámase "Lectoriño no Camiño", e nós, que somos ben guiadiñas/os, imos denominar este curso deste xeito: "ciencia no Camiño".
Así que no desenvolvemento das actividades verase claramente reflectida a influenza do Camiño de Santiago.
Os Santomeinsteins tiveron outra sesión do Club de Ciencia, neste caso empregaron placas Makey Makey, que temos á nosa disposición grazas ao proxecto Digicraft, para construír instrumentos musicais dixitalizados.
É, sen dúbida, un dos clásicos do Club de Ciencia. Dende as primeiras sesións, os Santomeinsteins preguntan cando se realizará a experiencia do "cohete propulsado".
Pois ben, aínda que este ano as condicións climatolóxicas non foron as mellores, xa que a humidade e o vento dificultaron a posta en escea, o resultado non foi malo, e, coma sempre, pasamos moi bo rato e unhas cantas risas.
No vídeo podedes ver algún dos lanzamentos realizados.