Skip to Content

Novas

SEMANA DA MULLER: BÁRBARA FLORES E EUGENIA GIL

Segunda xornada para conmemorar o día da muller.

Hoxe recibimos unha dobre visita, as dúas mulleres que viñeron ao colexio teñen relación do Deporte. elas son Bárbara Flores e Eugenia Gil. Estiveron co alumnado de 5º e 6º de Primaria. O alumnado poido falar con elas e preguntarlle curiosidades.

BÁRBARA FLORES é xogadora do R.C. Deportivo Genuine. Barbara, con 17 anos xa é quen de xogar no Deportivo. A defensa do Depor, que é xorda, deixou unha mensaxe moi fonda no alumnado, deixando claro que para practicaar deporte ou calquera faceta da vida non existen límites.

EUGENIA GIL, árbitra da 1ª División Femenina de España e atleta de nivel compaxina a vida deportiva co estudo do seu segundo grao universitario. Eugenia deixounos abraidos coas imaxes e anéctotas na arbitraxe, tanto aquí en España, como na súa estancia nos Estados Unidos mentras disfrutaba dunha beca polo seu gran nivel no atletismo. Esperemos que o alumnado tome boa nota da mensaxe que deixa nesta visita Eugenia: con unha boa organización e facendo o que unha é feliz pódese compaxinar todo que te propoñas, sendo importante a compaxinación dos Estudos e do Deporte.

Unha sorte ter unhas mulleres tan inspiradoras esta mañá no CEIP San Pedro de Visma. Moitas Gracias!

SEMANA DA MULLER: AS PALILLEIRAS DE CAMARIÑAS

Comenzamos a conmemorar o día da muller do vindeiro domingo, organizando unha SEMANA DA MULLER.

Hoxe recibimos a visita da Escola de Encaixe de Camariñas para falarnos do seu traballo e da próxima Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebra en Semana Santa.

As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria quedaron impresionados co seu traballo. As palilleiras contaronlle unha historia dunha ratiña do encaixe, coñeceron a CARAMIÑA, mascota oficial da Mostra do Encaixe, viron os saúdos que lles enviaron as nenas e nenos da esola de palillo de Camariñas, viviron en primeira persona como se palilla e por último disfrutaron dunha demostración da profesora de palillo onde o son e a rapidez ca que movía os bolillos deixaronos a todos abraiados.

 

CONCURSO CONTOS POPULARES

CONCURSO TRABALINGUAS

CONSTRUIMOS E DESFRUTAMOS

PARA CONSEGUIR ESTAS SIMPÁTICAS FOTOS TIVEMOS QUE CONSTRUIR O NOSO "PHOTOCALL" DE SAMAÍN.

MAGOSTO 2019

ALGUNHAS DAS FOTOS DO MAGOSTO DESTE ANO. O CASTAÑEIRO E A CASTAÑEIRA FORON OS PROTAGONISTAS. QUE BOAS ESTABAN AS CASTAÑAS!!!

 

 

BAILAMOS E RECIBIMOS PREMIOS

CANTAMOS E BAILAMOS TODOS XUNTOS NO MAGOSTO E REPARTIRON OS PREMIOS DO CONCURSO DE TRABALINGUAS. QUÉ BOA XORNADA!!

SAMAÍN 2019

CONCURSO DE TRABALINGUAS 2019

Concurso de Trabalinguas

Distribuir contido


by Dr. Radut