Skip to Content

Novas

BAILE DO MAGOSTO

CORO DAS EMOCIÓNS. EDUCACIÓN RESPONSABLE

Durante todo o curso as nenas e nenos de 5º de Educación Infantil e 2º de Edcuación Primaria participaron no "CORO DAS EMOCIÓNS". Este foi o resultado!!

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

Para homenaxear a Antón Fraguas, as nenas e nenos de educación infantil recitaron o "Cancioneiro de Cotobade" a ritmo de rap.

Agardamos vos guste!!!

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

LETRAS GALEGAS 2019

 

Este ano as Letras Galegas dedicáronse a Antón Fraguas. Durante a semana das Letras Galegas leváronse a cabo diversas actividades:

Os alumnos de infantil realizaron un mural coa figura de Antonio Fraguas.

Os alumnos de 1º e 2º representaron "O piollo e a pulga".

 

 

 

Os alumnos dos cursos superiores de primaria representaron "O catecismo do labrego".

No seguinte video podedes ver un retrinco da obra.

 

 

Tamén houbo unha exposición do traxe típico galego e de algúns intrumentos musicais. Os alumnos fixeron actividades para coñecer todas as prendas que o compoñen.

 

SONOS NA GAIOLA

O NOSO CENTRO PARTICIPOU, XUNTO CON OUTROS CENTROS, NA CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE MANUEL MARIÁ "SONOS NA GAIOLA" , QUE SE CELEBROU O XOVES 21 DE MARZO NO CENTRO ÁGORA

8 DE MARZO: TAMÉN FÚTBOL

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria asistiu a unha charla o día 8 de marzo na que  se tratou un tema que suscitou controversia este curso entre estes alumnos e alumnas: As mulleres e o fútbol.

A capitana do R.C.Deportivo feminino, Miriam Rios, explicoulle como,  pouco a pouco, se van abrindo camiños para as mulleres neste ámbito tan restrinxido.

 

 

 

ENTROIDO 2019

OS MANDADIÑOS DO MECO

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

 

O 24 de Febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, por ser a súa data de nacemento. Como este ano cadrou en domingo, celebrámolo o venres 22.

Os equipos de EDLG  e biblioteca organizaron as seguintes actividades:

 

O alumnado dos cursos superiores de primaria recitáronlle poemas de Rosalía aos cursos inferiores e a infantil.

    

 

 

Tamén escribiron os versos de Rosalía  e pegáronnos nas cristaleiras das entradas para regalar ás familias.

 

 

 

 Os/as alumnos/as de infantil elaboraron un marcapáxinas.

 

 

 

ü

Os/as alumnos/as de 6º de primaria fixeron un pequeno estudo sobre a vida e obra da escritora e representárono en forma de entrevista.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut